20 anos non son tanto ….

15 Feb 2016 , Non hai Comentarios »

20AnosUltreia

 

20 anos non son tanto…

A priori, parece que é unha verdade coma un puño… 20 anos tampouco é un período de tempo tan longo, pero todo depende de como se mire..

Fai 20 anos as bicicletas non abondaban nos nosos montes, o carbono era un soño de futuro e os frenos de disco un invento do diaño que a ninguén se lle pasaba pola cabeza. Todo evolucionou, todo mudou, pero o espírito segue sendo o mesmo. As 20:30 h. de fai 20 anos, uns cantos afeccionados ao mundo do BTT xuntábanse en Compostela, para fundar o club BTT Ultreia. Poucos quedan en activo (ciclistamente falando) daquela xuntanza, pero ai segue xente como Pedro Delgado, Jaime Cabrera ou Raúl Iglesias… que atesoran un recordo de aqueles tempos en que o ciclismo de montaña solo servía para desfrutar da montaña, e para competir de maneira moito mais san que agora mesmo.

Aínda que 20 anos non son nada dan para moito: centos de socios, centos de saídas, centos de comidas, de risas, de choros, de vivencias incribles ao lombo das nosas gordas (ou fracas)… 20 anos son o que fai que Ultreia sexa un dos clubs con mais solera de Galicia, dos mais numerosos… Alguén que practique ciclismo non coñece aos Ultreia?

Xa se reseñaba no decimo aniversario: “Parece que foi onte cando pedaleábamos sobre as nosas bicis de “pau”, sen tubeless, sen camelback, sen freos de disco, sen, sen, sen…pero con ganas de compartir camiños e paisaxes , coa ilusión de crear un novo xeito de facer deporte en grupo. […]”
Ese é o espírito e eso é o que non vai cambiar, pasen 10, 20 ou 300 anos, así que (tal e como rezabamos xa fai 10 anos) ¡Ultreia! (¡Animo, adiante! ) ¡ E sus eia ! ( ¡!) e vamos a pola terceira volta ao Planeta*

* No 2006 (co gallo do 10 aniversario) estimouse que que os kilómetros percorridos polo Club BTT ULTREIA nesta primeira década superaba os 40.070 Km. que mide a circunvalación da Terra, así que agora mesmo estimamos que levamos 2 voltas completas e xa comezamos coa terceira.

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc