4 Stage Mountain Bike Lanzarote 2014

Valentes en Lanzarote

Comentáranme que Lanzarote é unha das illas máis singulares do arquipélago das Illas Canarias pola súa orixe volcánica e o seu paisaxe lunar. Tiña gañas de visitar esta illa, e en principio, tiña pensado facer os pedales de Lava (forma parte de pedales del mundo, como pedals de foc, pedales de león, etc.) algún día. O pasado mes de Outubro comentoume Amancio para que me animara a ir a unha carreira de 4 etapas por esas terras, eu como son tan difícil de liar, no momento que me deron permiso no traballo xa llo confirmei e alá fomos. As outra catro persoas son do primeiro equipo que se constitue no Concello de Oroso cuxo nome é “Tambre Bike”, con preto de 20 integrantes e subindo : – ). Os cinco valentes que imos somos Amancio, Fernando (ex-Costa Vellas), Ismael, Jose Antonio e máis eu. A aterraxe no pequeno aeroporto de Lanzarote recibenos coa pista mollada e as miradas mostran incredubilidade ante a posibilidade de que nos chova despois do tempo que pasamos no último mes en Galicia. Chegamos o mércores pola noite e a carreira empeza o sábado, polo que temos dous días para coñecer un pouco a illa e rodar un pouco para ver o que nos espera. Ao día seguinte exploramos parte do que sería a primeira etapa e a cuarta, o terreo é moi duro con bastante pedra que fai que teñamos que ir seguido mirando cara abaixo moi concentrados. O tempo é primaveral con temperaturas sobre 17ºC e fai bastante vento e non chove!!. Ao día seguinte facemos outra pequena ruta polo Parque Nacional de Timanfaya e aquí o terreo é con moita pedra solta e as cubertas fundense moito, é importante ter unhas cubertas con flancos fortes e a poder ser coa banda de rodadura algo redondeada para evitar reventóns. Pola tarde, turismo coa visita ao PN de Timanfaya, Lanzarote, ao contrario de outras illas, é unha illa moi ben coidada urbanísticamente. As casas soen ser de planta baixa ou unha planta de cor branco, sen tellas e con terreos con valos feitos de pedra volcánica. Esto non quita que haxa cidades como a capital ou Puerto del Carmen ateigados de tenderetes e restaurantes como calquera outra vila turística, aínda que sen as alturas nos edificios doutras.

 

Etapa 1

Primeira etapaA saída da primeira etapa foi a lume de carozo, a primeira parte era en leve subida e a xente amosaxe moi nerviosa, parece como se rematara a carrreira hoxe. Pouco a pouco, noto que me vou quedando cada vez máis atrás, pero non perdo os nervos e aínda que forte, trato de non ir a tope, xa que mañán hai unha longa etapa e hoxe perdese pouco tempo pola distanza. O terreo é moi duro con pedras e alterna de vez en cando con zonas de area que me fan perder o equilibrio e ter que botar o pé a terra, técnicamente a etapa non ten ningunha dificultade, pero debido ao nervosismo do inicio de carreira é perigosa. Nos primeiros quilómetros o vento sopra a favor e o conta non baixa de 30 Qm/h. Pola metade da carreira aparecen os primeiros rampóns de apenas 100 m pero con pendentes de máis do 10%, e que dada a acumulación de xente, fai que desmontemos algúns, chegando ao punto máis alto as vistas sobre o val son sobrecolledoras.  No quilómetro 23, miro a media do conta, 28 Qm/h, buuuffff, creo que debería pillar a bici de estrada. Nos derradeiros 10 Qm empeza a parte máis chula da ruta con sendeiros estreitos moi divertidos con tobogans. Aquí o vento é en contra pero sempre trato de atopar unha roda e fago algúns relevos. Nos últimos 5 Qm entramos nunha zona moi areosa que parece o deserto, debido a miña pouca técnica na area perdo o grupo e fago os últimos quilómetros con vento en contra. Chego a meta cansado, pero conscente que non me vai pasar factura esta etapa porque teño as pernas ben e non me sinto canso. Ao final media de 22.5 Qm/h e pulsacións medias de 170 (89 % das miñas máximas, tela).
Xa na meta falo con un tinerfeño do equipo plato chico, compañeiro nos derradeiros quilómetros que me perdera roda. Vexo que tivo unha caída. En xeral, houbo moitas caidas debido ao nervosismo da carreira e o descoñecemento deste terreo ao que moitos non estamos afeitos.

Avituallando atopámonos con Saleta Castro que estaba adestrando alí dende fai un mes e Ivan Carballeiro un colega de Brandán que nos comenta un truco para pasar mellor os tramos de area pola súa experiencia na Titan, poñer todo o peso atrás e tratar de pasar o máis rápido posible. Mañán porémolo en práctica.

Track 1ªEtapa    Video

Etapa 2

Empezamos follados aínda que non tanto como na primera etapa. Súbese bastante rápido con algún tramo de area que obriga a desmontar. Amancio e Fernando optan por facer a etapa xuntos e rapidamente se acoplan a un grupo grande no que cooperan todos, eu non dou seguido o seu ritmo. Hoxe adentrámonos no PN de Timanfaya, e entramos nel por un carreiro estreito con moita pedra volcánica solta encaixonado entre lava en terreo prácticamente chan con moito curveo e duro sen ningún vento e con bastante calor. 2ª EtapaDou varios toques no disco, na roda traseira e nos pedais. Parezo un vello cunha carabana de 29′ pedindo paso. Logo de 2 ou 3 Qm, a pista anchea e estamos na subida da xornada que acumula só 200m verticais aínda que debido á pedra solta que parece unha via do tren o marcador rara vez pasa alcanza as duas cifras. Por esta subida de aproximadamente 3 Qm pásame ata a miña avoa… Rematando a parte máis dura da subida enlazamos con estrada asfaltada e cun vento en contra bestial. Miro para atrás, e só vexo unha portuguesa que me comenta que ten que pillar á fémina que vai diante. A partires daqui case todo vento en contra e a miña compañeira o resto de etapa dame algún relevo de xeito puntual. Pasamos por single tracks  preciosos polas ladeiras das montañas con sube e baixa moi divertido. Pasamos polas fincas dos paisanos que as teñen con pequenos valos bastante ratoneiras. Cando supostamente quedan 6 qm pista ancha acoplándome conseguimos ver a catalana a falta de 2 Qm teóricos. A partires de aquí a portuguesa intensifica a axuda para tratar de dar caza a Sandra. Ao final van sair tres quilómetros máis que os teóricos e a falta de dous quilómetros quedo desfondado e portuguesa aproveita para dar caza a terceira clasificada e arrevatarlle o podio. Día moi duro a nivel muscular e as lumbares… Torcin moito o disco, pedal fodido e un radio. Etapa técnica aínda non peligrosa, xa que non puxeron ningunha baixada sobre terreo volcánico. Por certo os consellos de Ivan ao final da etapa anterior foron moi bos, pasei a area moi ben, principalmente en terreo chan e en baixada

Empezan as presas para reparar o disco da bici e o radio, consego cambiar o disco pero non o radio nin os pedais. Aínda que isto non é tan importante para a cronoescalada de mañán.

Track 2ª Etapa       Video

Etapa 3

3aEtapaEmpezo a crono a un ritmo normal conscente de que a crono son 20qm e as patas e o corazon estan cascados da dura etapa de onte. Sandra Santanyes saiu un minuto antes e sempre a teño de referencia. Logo de subir sobre dous km chego a un pobo e empezan longas rectas sempre con vento a favor. Noto que nesta longa recta lle recorto moita distanza a Sandra. Despois empeza outra zona de subida sobre un 7% e teñoa a 24s despois de outras duas curvas a 20. Teñoa cerca queroa  pillar mentres teña aire a favor para evitar que se me poña a roda. Pílloa un pouco antes de empezar a zona mais complicada cun 20% e algo rota hai tobogans e sandra voltame pasar e pasoa eu de novo. Despois desta zona unha baixada na que me volve a pedir paso e me solta “te voy a ganar”. Despois zonas de rodar que aproveito para volver a pillala e ela intenta seguirme a roda pero non pode e marchome ata empezar os ultimos 7 Qm cunha pendente dun 7%, collo a outro e teño a vista a outro. A falta de 2,5 Qm pillo a outro deixoo un pouco e a falta de 1,5Qm volveme a pillar e atacame, volvoo a pillar e nos ultimos 600m atacame e deixame.

Track 3ª Etapa     Video

Etapa 4

4aEtapa

Empeza a etapa e xa non se fai tan a lume como os dias anteriores. Vexo que estou bastante ben situado e empezamos a subir o primeiro repeito, a xente apreta demasiado e parece que non saben que queda moita etapa. Despois da subida baixamos e empezamos a pasar por zonas rodadoras con tramos de area que fan baixar algunha  vez. Nun destes arenais imos todos fora do camiño e coa sorpresa de que os de 29 non se afundian e a min si : (. Neste tramo adiantanme como 15 persoas, entre elas a miña compañeira Celina. A medida que pasan os quilómetros, vou collendo á xente que me pasou e deixandoa ata que formo un grupo dunhas 15 persoas á metade da etapa con vento en contra e sen apenas subir. Dou un relevo e vexo que deixo atrás ao pelotón que está descansando para o porto da xornada, paso de esperalo e doulle caña ata tratar de pillar a xente que vai sola a un quilómetro. Finalmente piloo xusto antes da subida que se suben 400 m, moita xente vai demasiado forte e eu paso a moita xente nesta subida. Neste punto levamos acumulados 1240 m e aínda quedan 500m por subir. A baixada ten bastante pendente con pedra solta e regos, debido ao forte vento lateral e a gran velocidade que se alcanza faise perigosa ante a posibilidade de caer nun rego. Hoxe vai a haber cadáveres, pola distanza e polo total acumulado, demasiada alegría nos primeiros quilómetros… Cada 15 minutos vou recollendo xente e trato de facer equipo para loitar contra o vento, pero vense desfondados e opto por seguir só. Cando quedan 10 Qm empezamos con terreo pesado pasando por terreo moi areoso. Ao final fago a mellor etapa das catro e quedo da metade para adiante do total de participantes e recupero bastantes postos. Quedei aproximadamente pola metade 60 de 120 participantes das catro etapas, e en Master-30 18 de 36.

 Track 4ªEtapa     Video

Bo balance, tras uns primeiros días nos que quedaba sempre pola parte final da clasificación.

En resumo, unha semana moi divertida rodeado de boa compaña cun tempo espectacular. A competición foi moi variada, con etapa rally, etapas maratón e cronoescalada, non sobresaturada de xente e con grande diversidade de terreos. Quizais botei de menos coñecer mellor a illa, pero así xa hai unha disculpa para regresar ; ). Totalmente recomendable, e máis este ano co tempo que nos acompaña dende decembro. O precio é asequible (70€ inscripción, 100 € transporte de bicis, 150€ aluguer casa e 60€ aluguer coche, menús a 9€). Eu non repetirei de momento pero os meus colegas si, que animadesvos???.

Clasificación final nosa:

51 Fernando Abad M30
Etapa 1 01:36:17
Etapa 2 02:47:38
Etapa 3 01:06:44
Etapa 4 03:52:51
Total 09:23:30

55 Amancio Espiñeira M30
Etapa 1 01:38:44
Etapa 2 02:47:38
Etapa 3 01:08:36
Etapa 4 03:52:51
Total 09:27:49

60 Gonzalo Suárez M30
Etapa 1 01:42:32
Etapa 2 02:53:39
Etapa 3 01:11:10
Etapa 4 03:55:17
Total 09:42:38

80 Ismael Vieites M30
Etapa 1 01:49:32
Etapa 2 03:09:53
Etapa 3 01:18:26
Etapa 4 04:26:59
Total 10:44:50

86 Jose Antonio Veiga M40
Etapa 1 01:50:17
Etapa 2 03:22:37
Etapa 3 01:17:30
Etapa 4 04:26:33
Total 10:56:55

Clasificación Xeral final

 

 

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc