O noso Club

28 Abr 2010 , Comentarios desactivados en O noso Club

Este Club de Bicicleta Todo Terreno (Mountain Bike) realiza actividades ciclistas pola zona de Santiago, os seus arredores e por toda Galicia. Queremos darte a benvida á nosa web, da que pretendemos informar das actividades do Club, dar información útil para todo afecionado á bicicleta de montaña, e ser un vehiculo de comunicación entre os socios e entre toda a comunidade internauta interesada.

¿CANDO SAIMOS?

Paseo dos Leóns - Alameda Compsotela
Mapa que indica onde quedamos  Animamoste a que pedalees con nós e para facelo non é preciso que sexas socio, tan só que te guste a bicicleta de montaña e a compañia. Procuramos programar as saídas cada mes, pero por defecto sempre quedamos ás 10h. na Alameda no Paseo dos Leóns. De todos xeitos recomendamoste que lle botes unha ollada á programación do mes, para ver por onde temos previsto sair e se esa saída supón unha variación no horario ou lugar de saída, xa que ás veces ou ben por que a ruta prevista é fora de Compostela, ou ben por que é longa, podese variar a “quedada xenérica” das 10h. no paseo dos Leóns.

Para consultar a programación podes ir á seción de “Calendario de Actividades”. Na programacíon indicase información das saídas planificadas, a ruta a seguir, a distancia, e outra información de interese.

¿QUERES FACERTE SOCIO?
Como calquera club, pretendemos promocionar a actividade que nos gusta, e á vez reunir ou poñer en contacto a todas aquelas persoas coa mesma afeción, neste caso a bicicleta de montaña. O club permitenos realizar actividades mais organizadas e mais coordinadas, que ás veces requiren esforzo de grupo, ou pequenas inversións económicas. Tamén permite as persoas que lles guste a actividade estar enteradas do que se programa ou se fai, para ter a opción de participar naquelas cousas que queiramos, ou podamos. Como xa dixemos antes nesta páxina, para sair con nós non necesitas en absoluto ser socio, pero se estas interesado en estar mais informado, ou mais en contacto coas actividades que se levan adiante, podeste facer socio do Club. O noso Club está rexistrado cono entidade deportiva e ten un estatuto que determina entre outras cousas os dereitos e as obrigas dos socios que son as seguintes, tamén pertencemos á federación galega de Ciclismo, polo que a alta de socio, implica abrir unha ficha deportiva na federación. Así pois se queres facerte socio, estos son os pasos que deberías de seguir:

  1. Se queres, consulta os nosos estatutos.
  2. Debes de cubrir un documento cos datos da solicitude de alta .
  3. Cubrir os documentos para que poidamos tramitar a túa licencia federativa. Estes os tes na nosa sección de Licenzas e circulación.

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc