Estatutos do Club

21 May 2010 , Comentarios desactivados

OBRIGAS DOS SOCIOS


Os socios do Club comprométense a:



  • A respectar e protexer a natureza, e non desenvolver actividades que a prexudiquen
  • A respectar as normas de tráfico e manter unha condución que non poida causar danos a terceiros nin ó nome do Club.
  • A utilizar o casco protector de forma obrigatoria .
  • A utilizar o uniforme oficial do Club en todas as actividades nas que participe, sexan ou non organizadas polo Club. Cada socio deberá mercar obrigatoriamente a camisola do citado uniforme no seu ingreso, ou ben na primeira ocasión na que se poña á venda roupa do Club.
  • A aboar o importe das cotas de socio na forma e prazos establecidos pola xunta directiva. Actualmente a cota é de 50 euros ó ano e nela vai incluído o importe da licenza federativa , efectuándose o pagamento antes de finalizar o mes de febreiro. A demora no pagamento das cotas nun período dun mes, dará lugar a unha carta informativa do Club desta situación, e a baixa no mesmo, en caso de non facela efectiva nun prazo de quince días. Os ingresos faranse na conta do Club.
  • A tramitación da Licenza na Federación Galega de Ciclismo é obrigatoria . O Club facilitará os impresos e toda a información que se poida precisar para a súa tramitación.
  • A participar e colaborar en todas as actividades organizadas polo Club, ben sexan de carácter ,exclusivo para os socios ou ben sexan dirixidas ó público en xeral.
  • A acatar cantas disposicións dite a Asemblea Xeral, a xunta directiva ou os membros da mesma, para o bo goberno do Club.
  • Os socios poderán ser dados de baixa:
    • cando as súas conduta se fixese incompatible cos principios que informan ó Club, ou cando cometesen algún acto lesivo ós intereses ou bo nome do mesmo.
    • incumprimento das obrigas que impoñen os Estatutos ou dos acordos adoptados pola Asemblea ou xunta directiva.
    • a petición propia, mediante escrito dirixido á directiva.
  • Os acordos de baixa serán tomados pola xunta directiva. Ante dita decisión poderá solicitarse recurso nun prazo de quince días naturais. Unha vez efectuado este, a xunta directiva pronunciarase e a súa decisión será inapelable.
  • O número de socios será ilimitado, a xunta directiva poderá suspender, porén, a admisión de novos socios cando así o esixan razóns de operatividade do Club.

DEREITOS DOS SOCIOS

Os socios do Club teñen dereito a:


  • Contribuír e participar en todas as actividades organizadas polo Club, ou nas que este participe como tal.
  • Separarse libremente do Club.
  • Coñecer as actividades do Club e examinar a súa documentación, previa petición á xunta directiva.
  • Exijir que o Club se axuste ó disposto pola Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia.
  • Expor libremente no seo do Club, e participar en todas as reunións deste, agás aquelas nas que unicamente participe a xunta directiva.
  • Ser elector e elixible para os órganos de representación e goberno do Club, sempre que teña plena capacidade de obrar.

Non se permiten comentarios .

Destacamos

Estase a falar no foro de…

  • Re: ruta do salmon
    02/09/2010
    Se me da bien... jejeje... voy a tener que dejar la Uni... eso sí; sólo seguí las indicaciones del cameraman (Pedro te necesito)...A ver si os animáis a salir !!!
  • Re: ruta do salmon
    02/09/2010
    Pois imos ter que facela . Por certo... que fai Jesus ensinando musculo?

Últimas Fotos

DSC02952.JPGDSC02935.JPGDSC02945.JPG
DSC02961.JPGDSC02939.JPGDSC02966.JPG

As nosas Rutas

Wikiloc

Ultimas rutas subidas