Algarve Bike Challenge 2014

14 Abr 2014 , Non hai Comentarios »

Foto da etapa prólogo da Algarve Bike Challange

Xa fai unha semaniña e aínda non estou totalmente recuperado… fisicamente si, pero aínda sigo tocado coa calidade da proba, a amabilidade da xente, o espectacular dos paraxes polos que nos levaron.

Quero comezar esta crónica mostrando o meu maior recoñecemento a “Marco” (Director da carreira) e a toda a organización do Algarve Bike Challenge 2014. A pesares de ser soamente a segunda edición, parecía que estabamos nunha proba con 20 anos de antiguedade… pois o dito, dende aquí os meus mais AGRADECIDOS PARABENS.

Logo desta pastelada imos ó lio… O tema é que logo de rematar de cargar as maletas na furgo e de recoller a cada un na súa casa, partíamos o venres 28 de marzo as 8 da maña con un destino claro: TAVIRA… Algarve Bike Challenge. Na furgo os tres equipos: Josito e Arturo(Ultracabras Team), Marcos e Miguel (Nonhaifallo Bike Team) e Jose Romasanta e Julio (Ultreia BTT). A viaxe de unhas 8 h. aproximadamente fíxose sen moita mais complicación que pagar os “carísimos” peaxes dos portugueses, como iamos con idea de chegar o antes posible, comida nunha estación de servizo e case sen darnos conta estabamos preguntando polo Hotel VilaGale Albacora de Tavira ao que chegamos sobre as 16 h. e no que xa había un intenso ambiente ciclista. Nada mais chegar a case sen aparcar xa aparecen caras coñecidas… Angel Pais e Diego Sotelo, que xa levaban alí un día, chegaban tamén ao hotel logo de facer unhas visitas pola zona.

Crónica completa

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc