CAMIÑO FRANCES

17 Out 2010 , Non hai Comentarios »

O CAMIÑO  FRANCES é a vía xacobea do solpor. Amósase coma a principal das que levan á cidade do apóstolo pois xa desde o século XI era a máis transitada.

Desde PORTOMARIN, a beira do Miño, o camiño avanza cara a aldea de HOSPITAL da CRUZ sempre costa arriba. Varios camiños recuperados discurren paralelos á estrada. Na paisaxe predominan os montes de piñeiros e toxeiras.

Entre o Alto de LIGONDE (756 m.) e o do ROSARIO transcurre este cómodo tramo antes de chegar a PALAS de REI..

PALAS de REI era o comezo da decimoterceira e última etapa do Códice Calixtino. Desde as Terras da Ulloa o Camiño penetra na Terra de Melide por unha gándara erma. Mediante suave transición entramos na Galicia Occidental pero entre MELIDE e ARZUA constitue un auténtico rompepernas por ter que cruzar os valiños tranversais dos ríos que verten o Ulla próximo.

Entre ARZUA e STA. IRENE, sobre un firme maioritariamente homoxéneo, o camiño vai presentar un mellor estado que ata agora, este feito que favorecerá a marcha coincide cunha suavización dos contartes no perfil con valgadas e cotas menos acusadas que as precedentes, sempre entre montes e pradería.

O tramo ata LAVACOLLA é un dos máis alterados con respecto ó seu trazado histórico. Remata co duro ascenso á cima da BARREIRA por atoparse coa infranqueable pista do areoporto. Desde aquí o camiño non resulta nada recomendable para os que queiran gozar coa paisaxe. Próximo esta o MONXOI onde pódese seguir a vella tradición de facer carreira por ver quen é o “Rei” da comitiva. Ata a praza do OBRADOIRO tan so resta tramo urbano para finalizar a ruta.

Perfil do CAMIÑO FRANCES da 13ª atapa

Facer un comentario

You must be logged in to post a comment.

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc