Desafio Terras de Turonio 2015

19 Mai 2015 , Non hai Comentarios »

TuronioGrupoMod

O Domingo 17 de Maio disputouse en Tomiño a carreira por parellas “Desafío Terras de Turonio” con preto de 150 parellas. Nesta ocasión Ultreia contaba con 9 equipos que tratarían de percorrer os 105 Qm desta proba de fondo en BTT que percorre as Serra de Argallo e a Serra da Groba. O día amencía cun ceo azul sen rastro de nubes e aínda que as 8.30h non facía calor as predicións era que se chegaran a altas temperaturas ao longo do día, non había dúbidas, tocaba sair de curto e prepararse para un día duro de BTT.  O ano pasado fora unha carreira moi rápida na que os gañadores fixeran unha media de preto de 25 Qm/h con moita pedra solta. O perfil deste ano parecía bastante similar polo que se esperaba que os tempos de chegada serían similares.

Tras os primeiros catro quilómetros neutralizados por asfalto o inicio da proba empeza por camiños entre piñeiros bastante sucios con moitos paos, piñas e restos da tala de árbores, hai que ter coidado de non pillar un pao que rompa o cambio e obrigue a retirarse da carreira nada mais empezar. Como todas as carreiras,a saída faise a fuegoooo aínda que reservando sabendo que quedan máis de catro horas suando enriba da bici. O perfil inicial é ascendente aínda que bastante cómodo, despois empeza a pista que permite a xente a situarse na súa posición natural. No quilómetro 15 temos a primeira subida importante, 1 Qm na que temos como uns 200 m de gran porcentaxe que obrigan a meter todo e baixar o ritmo e empezar a ver números dunha cifra no contaquilómetros. Aínda non vai unha hora de carreira e o calor xa empeza a apretar, agárdanos un día de altas temperaturas por un terreo que cada vez ten menos árbores nos que poder protexerse do sol.  Despois desta subida empeza unha pista bastante rápida na que hai algo de vento e é importante rodar en grupo. Sobre o qm 36 chegase a o tramo máis coñecido desta proba, “O camiño de cabalos”, dous quilómetros con moita pedra grande como unha antiga calzada na que hai que elexir moi ben a trazada para evitar non desmontar da bici, non ten moita pendente pero custa moito esforzo avanzar. Logo dalgúns carreiros técnicos entre xestas e avanzar polos altiplanos da serra da groba chegamos ao curro de Mougas por outra calzada similar ao camiño de cabalos aínda que máis curta. Baixamos por outra calzada entre pedras tendo tino de non caer ou de cortar un flanco. O único que se ve nesta Serra son pedras e herba e o mar á esquerda con boas vistas sobre Baiona, non hai sombra e o calor apreta moito con temperaturas que despois de mediodía andan máis cerca dos 30ºC que dos 25ºC. No quilómetro 67, aparece o sinal indicando o prato forte da xornada a subida a Belesar, un tramo 4 *, de 5 Qm de lonxitude por pista ancha que cos quilómetros que se levan nas patas e o calor faise moi duro. A paUltreiaEMoitortir desta subida, suponse que só debería quedar unha subida sobre o qm 80 e despois baixar a Tomiño. Non foi así, a diferenza do ano pasado, no quilómetro 80 faise unha subida, pero despois a maioría do desnivel baixase nunha baixada de 2 Qm e os derradeiros 15 Qm fanse por tobogans polos que se subiu ao principio da carreira. As patas notan cada pequena subida e a meta tarda en chegar, finalmente no derradeiro quilómetro metennos por uns viñedos no que se ven os viñedos da zona do Rosal

Resumindo ruta mais bttera que na edición anterior na que se eliminou a parte inicial/final de pista ancha con pedra e sustituiuse por camiños. Ao final os tempos do gañador foron preto dunha hora máis que na edición anterior, o que demostra que os perfis en btt non valen de moito ;), o terreno polo que transcorre/condicións meteorolóxicas condicionan máis o ritmo de carreiar. Os resultados de Ultreia foron excelentes con 3 parellas nos 10 primeiros postos e o primeiro posto da parella de supercentenarios “ULTREIA E M8” formada por Javier Otero Espiñeira/Pedro Delgado Nuñez, parabens fenómenos.

A continuación poño minicrónicas das sensacións dos participantes nesta proba. Animádevos a redactar a vosa!!

Minicrónica Manolo Otero

Equipo ULTREIA VINTAGE TEAM Manuel OTERO MATA/David GARCÍA GONZÁLEZ

O subtítulo debería ser ” cousas que non debes facer antes de ir ao Turonio !!! “.

Pois  …. 30 días antes NON debes ir aos “4 picos de Pontevedra – 120 km”.
15 días antes non debes ir aos ” 101 Peregrinos “.
48 horas antes do Turonio non debes sair a “rodar suave … 40 km” ( ainda que sexan en carretera ); e moito menos !!, 24 horas antes, no debes repetir o de ” rodar sueve …. outros 50 km ” ……
Total: chega o día en cuestión, sales ben, ( incluso moi forte ), terreno rodador … na primeira hora fas 17 de media ( esto está chupao … as 3 na meta !!! ); na segunda hora xa notas algo  ” raro “; na terceira ” como que keren vir os calambres ” …. e claro !!!: chegan os calambres …. km 60: hasta aqui hemos llegado !!!!. Abandono !!!! . Deixo ao bó do David que continúe ao seu ritmo, pois quedaban 50 km.,  aínda,  a linea de meta, y eu así non podía acompañalo …. así que volvín por carretera ata Tomiño ( eso sí: 35 km !!!!! pero … espectaculares por Belesar, Torroña,  … e ¿sabedes o máis curioso ?? Non tiven calambres !!!!! …..
¿ será que teño que deixar o btt ????.

 

 

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc