I Gran Fondo Rutas de Ourense

12 Mai 2016 , Non hai Comentarios »

IMG-20160512-WA0010

O pasado sábado 7 de maio fomos facer Manolo Otero mais eu a ruta I Gran Fondo Rutas de Ourense. Trátase dunha proba que ten 4 distanzas, por orde de distanza: Ouro (160 Qm), Prata (125 Qm), Bronce (66 Qm) e popular (33 Qm) que transcorre pola zona da Ribeira Sacra e da Serra de San Mamede (no caso da modalidade Ouro). É unha proba NON COMPETITIVA con control de chip pero que pola miña parte tomeina como unha competición.

Saimos do pabillón da Universidade de Ourense, empezamos subindo por unha calzada romana, a xente vai tranquila sabendo os quilómetros que quedan, rapidamente vou chegando ao grupo de cabeza. Os camiños son estreitos e é habitual que nos baixemos da bicicleta debido ao barro e ás pedras que se atopan esvaradizas. Estamos subindo cara a Ribeira Sacra, a maioría da ruta transcurre por GR entre castiñeiros milenarios e carballeiras con moito encanto. Ao haber pouca xente tampouco hai excesivos tapóns e hai zonas que son directamente non ciclables pola pendente e as pedras, a este ritmo non chegamos de día ;). Levamos 1h20min e só fixemos 18 Qm, e chegamos ao Mosteiro de San Pedro de Roca. A partir de aquí, seguimos subindo por paixases similares ata chegar a unha estrada asfaltada, na que decido dar un pouquiíndiceño de caña para evitar ter que parar tan a miudo nos camiños. Coroo e empezo a baixar, aquí tiven a primeira incidencia da ruta, o GPS pasa á parte estreita do manillar e cáeme ao chan, perdo as gomas, a partir de agora teño que facer os máis de 120 Qm co GPS na man >(… Ao ter que baixar así, rápido
me volven a pillar o grupo do que me escapara, decido ir con eles con calma… Xa chegamos ao río Sil, e pasamos polo primeiro mirador impresionante, o Mirador da Columna, un meandro de cantís verticais de rochentos cun desnivel de 500m (estamos a preto de 800m) que dan ganas de parar a sacar unha foto. Seguimos entre carreiros ata que chegamos ao segundo mirador, quizais o máis coñecido desta beira do río, o de As Torgás (“balcones de Madrid”) moi ben acondicionado para a súa visita con pasarelas a distintos niveis Desde-el-mirador-e-la-Columnapara poder ver unha das paisaxes mais impresionantimageses que se poden atopar en Galicia. Co que levo de ruta xa mereceu a pena participar nesta ruta, pero aínda queda moito…

Logo dunha rápida baixada a pista transcorre a nivel do río, a paisaxe cambiou totalmente, agora o terreo rochoso sustituese polos típicos viñedos en terrazas, logo de llanear un pouco empezamos a despedirnos do Sil e nunha aldea collemos ao grupo dianteiro formado por uns ciclistas de Salceda de Caselas e a un portugués. Comeza o terreo en subida que nos levara ata o alto da serra de San Mamede logo de superar 50 Qm e 1200 m de desnivel. Nunha subida de asfalto decido apretar un pouquiño, a xente empeza a renquear, chegamos ao segundo avituallamento e voltámonos a reagrupar, se non tivera problema co GPS non pararía pero ao ver que paraban todos pois eu tamén parei, total para andar co GPS na man e que me pillen en 5 Qm non valía a pena. Enchin o bidón e comín algo, vendo que o resto o tomaba con calma, decidín marchar eu só para que a xente non descansara…Os camiños deixan paso ao asfalto e pistas, Marco empeza a meter un ritmo para min forte, eu apreto e o grupo de 5 vaise fragmentando, pronto quedo co de Salceda de Caselas e poño ritmo para ver se dou pillado a Marco. Finalmente chego a xunto del e empezo a dar relevos para tratar de descolgar e meter tempo á xente que viña detrás. Finalmente quedamos Marco e eu sos e empezamos a facer a carreira ao noso ritmo, tras algún falso atallo >) chegamos á unha zona boscosa dura onde volvemos a ver aos que deixaramos atras fai tempo. Outra vez a tensar, imos alternando asfalto e camiños indo cara o destino final, a Serra de San Mamede. Antes paramos a botar algo de aceite na cadea nun coche de apoio que ten o meu compañeiro, así da gusto :)). Durante esta parada pasa o terceiro e empeza a subir, reanudamos a marcha e collemolo, toca bregar outro pouquiño, apreto pero aguanta ben, logo estar de 2 Qm apretando conseguimos descolgalo. A subida propia ao alto empeza suave, imos gañando altura e o frío é cada vez máis intenso, nos derradeiros 3 Qm aprox empeza a parte dura da subida, varias planchas que nos levan entre néboa ata a cima, tivemos que camiñar un pouco pero a verdade é que se podía subir ben pero non era tempo de fazañas con case 100 Qm nas patas. Unha vez coroamos, Marco queda poñendo o chaleco e eu decido baixar con calma xa que non se para co frío!!! estamos a case 0ºC e hai que ir baixando para que non me colla o frío. Hai rachas de 100 Qm/h (estilo baixada do Negreo no Soplao) o comezo da baixada está algo rota. Nun cortado, clavaseme a roda de diante no barro e sufro unha caida sen consecuencias. Cando me levanto noto que estou rixido coma unha pedra polo frío, as mans empezan a perder algo de tacto, rapidamente chega Marco e empezamos a baixar xuntos. A medida que baixamos notamos o aire quente (a pesares de non haber moita temperatura, pero vindo do que vimos…). O resto da baixada é pista ancha por un bosque, xa estamos na autopista, a maioría da volta é con vento a favor e terreo favorable. As paixases xa son máis comúns e hai bastante asfalto. A falta de 20 Qm voltamos aos sendeiros con algo de barro e pedras, xa empezo a estar cansado e cóstame aguantar o ritmo de Marco, quero dar relevos pero non é doado ainda que haxa vento en contra dificilmente consigo manterme a roda. A falta de 16 Qm paramos no derradeiro avituallamento e seguimos para adiante, a falta de 6 Qm, Marco decide apretar e eu non o dou seguido. Toca empezar a navegar en modo GPS na man. Teño medo de que me pille o terceiro, xa que co GPS na man as baixadas son bastante lentas. Ao final cheguei segundo moi contento á meta de Ourense que parecía que non chegaba… De todolos xeitos os derradeiros 50 Qm só nos levaron 2h20min o que demostra o rodadora que era a segunda parte da proba.

Pareceume unha ruta xenial principalmente a primeira parte, polos sendeiros e vistas cara a Ribeira Sacra. Doutras veces con Ultreia fixemos o alto de San Mamede e as vistas estaban ben, desta vez o único que viamos era néboa. Non foi moi dura, climatoloxicamente só pasei frío de verdade durante 20 minutos (teño adestrado en condicións moito peores este ano…).

 

13173975_1071117769616777_6903520222152606952_n

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc