I Quedada Tambre Bike

IMGP0215

Fai  unhas tres semanas comentaba Simal de que podíamos quedar para facer unha quedada cos meus amigos do Tambre para que coñeceran a zona por donde pedaleamos os ultreias. O Tambre Bike creose o ano pasado no Concello de Oroso entre xente de Sigüeiro e o resto do concello. Organizaronse bastante ben, nun ano teñen equipación completa e xa teñen marcha propia que se celebra o Día da Troita. Son un grupo de xente con moita ilusión polo deporte da bicicleta e bastante constantes nas saidas dende Outubro ata Maio, normalmente saen tanto as fins de semana como pola semana xa que moitos traballan a turnos e poden quedar para rodar entre entretidas conversacións unhas 3 ou 4 horas dependendo do tempo.

Á hora de elexir a marcha pola que íamos facer a quedada valoramos que se fixera algo diferente a donde rodamos habitualmente con eles. Na miña zona é dificil atopar montes onde se suban máis de 300m. Eleximos o Cecia por ser un monte que na súa subida sinxela faise levadeiro se se sube con calma. Saindo con eles, encantanlle as zonas técnicas e tirarse polo monte abaixo “a lo loooco”, así que metemos unhas baixadiñas dos OEAs e unha baixada dos Andaadios para facer unha ruta divertida, voltariamos polas ribeiras do Sar e camiño portugues ata chegar a Santiago. En total uns 65 Qm e 1260m de desnivel acumulado positivo. Esta ruta tiña a ventaxa de que tiña moitas escapatorias que nos permitía atallar en caso de contratempos/nivel dos participantes.

Entón falei cos do Tambre Bike para ver se lles apetecía quedar, e a resposta afirmativa foi inmediata e decidimos facer unha comilona para comentar as anécdotas que seguro que xurdirían na ruta. Comenteilles que puxeran eles unha data que lles cadrara mellor, posto que non se decidían porque teñen uns horarios moi diferentes e o que lles vai ben a uns vailles mal a outros. Deste xeito decidín que se celebrara o dia de todos os santos o 1 de Novembro, aproveitando que é festivo non moi familiar e sen celebración, así a xente que traballara o sábado pola mañá poidera vir. Decidimos facer a comida a base de pulpo e churrasco nas aforas de Santiago para que fora doado de aparcar e ter as bicis mellor controladas.

Feito o anuncio de convocatoria, ao principio a resposta foi fría, coa xente que xa dicía que viña antes de convocala e os clásicos, Raúl, Toribio e Pedro, aínda que a cousa foi medrando ata xuntar 9 dos Tambre e sobre uns 30 do Ultreia, 2 3&run e algúns trisqueles. A pesares das predicións de que remataba o mal tempo a xente non deu marcha atrás e a marcha mantívose na data prevista. A última hora con intriga, Cata conseguiu as duchas para o sábado :’-) e non tivemos que tirar de outros plans…

Quedamos ás 8.45h para poder sair puntuais ás 9h da alameda, xa que debido a tropa que quedamos completar a ruta ía ser complicado, pero íamolo intentar. Ao contrario do que indicaban as predicións meteorolóxicas e co día de cans con que nos despediu a noite anterior, a mañá era estupenda con boa temperatura e lucía o sol. Saimos a un ritmo levadeiro para os Tambres polo camiño de Fisterra cara Bertamirans. Pronto se formaron grupetas que sen forzar ían ocupando o seu lugar natural segundo o seu ritmo. Ao chegar a Bertamirans agrupámonos todos (bueno case todos, botei de menos a uns 6 que tiñan un maillot de puntos que non os coñecía…) e unimonos a uns 16 trisqueles :OO, as cabras e a Santiago dos OEAs. Ao sair de Bertamirans rodamos todos agrupados e charlando todos contentos polo tempo que nos acompañaba e reencontros despois da tempada pasada na primeira quedada da pretempada. Empezamos a subida a pendente de asfalto e mantemos un ritmo baixo para ir todos agrupados. Chegamos a igrexa as 10.30, media hora antes do que chegaramos o día que fixemos os do clube (sairamos as 9.35 da alameda e chegaramos ás 2h á alameda). Ao chegar ao desvío que nos conducía ao Cecia, os trisqueles foron pola parte dura e acompañaronnos outros compañeiros da kdd. Eu fun polo lado fácil, que era onde ía o track e tratei de indicar a xente, para que non se pasara do cruce. Simal acompañou a outra xente polo lado duro para que ninguén se perdera. Ao final quedo no principio do lado fácil do Cecia, e espero a que pase a toda a xente, aínda que non vexo a Toribio, o peche da ruta, vou algo para atrás e non vexo a ninguén máis, así que penso que iría polo outro lado… empezo a subir despacio e vou charlando con Moncho (con track) e Victor e outros compañeiros do Milladoiro (tamén con track) e chego a cima onde está a maioría da xente esperando disfrutando do día ás 11.30h. Hora boa para completala ruta, pero hai que agardar a que suban os 6 mais ou menos que faltan por chegar. Como tardan demasiado decido baixar polo lado doado para ver se os dou atopado. Chego moi abaixo, a 3 Qm para a cima aprox, e atopo a Miramontes, Toribio,  Celestino (do Tambre) e outros que non me lembro. Lástima, tiveron averías, pinchazo e Miramontes tivo que cambiar a patilla. Cando a fixeramos da outra vez sairamos do Cecia as 12.05h, pero agora con estes contratempos normais entre tanta xente, coronaríamos ás 12.20h. Quedo con Celestino e MIramontes e dígolle a Toribio que tire con outros dous colegas para que vaian tirando e estes dous que vaian por asfalto ata Santiago para evitar perder moito máis tempo, cando está preto de coroar dígolle ao grupo que estaba agardando que tiraran. Dirixidos por asfalto ata a estrada de Urdilde, retomo a ruta coa variante trialeira dos OEAs onde probo os toxos, para que non se diga que os ultreias somos bravos :P. Continuo pola ruta ata pillar a grupeta, que xa estaba agardando no cruce onde empeza a baixada que leva o asfalto. Lamentablemente tivemos que seguir por asfalto e non puidemos atallar polas trialeras ao estar pechadas de Silvas. Con todo Brandán e outros tres limparon unha baixadiña que estaba menos pechada ;-). Empezamos a facer a baixada máis chula da ruta un single track divertido dos andaadios rápido con algún tramo perigoso debido á humidade das pedras. Aquí veñen as primeiras caidas de algúns compañeiros de ultreia e do Tambre sen graves consecuencias máis alá de dores de costelas e raspazos. Tratamos de reagrupar ao final da baixada pero debido a estas incidencias tardamos moito e un grupo adiantase mentres eu quedo para reagrupar. Xuntámonos de novo e vendo que xa é bastante tarde decicimos acurtar un anaquiño de ruta. Un cuarto de hora despois tratamos de reagrupar noutro grupo pero debido a tardanza, a xente empeza a poñerse nerviosa e vanse formando grupos para ir o máis rápido posible hacia Santiago polo camiño portugués. Quedamos esperando no cruce Simal, Arturo e Denis, e vendo que tardan demasiado, chamo a Juan e dime que está co resto dos Tambres e con Toribio, así que decidimos sair nós tamén polo sitio máis rápido, ribeiras do Sar, Chave de Carballo e imos por unha senda/estrada hacia Milladoiro. Chegamos ás monxiñas antes das 2h lavo a bicicleta e a ducharse. Pouco a pouco, vai chegando a xente cada quen por un sitio diferente e moitos por asfalto. Salvo estas presas finais, fixemos a maioría da ruta e non perdemos a ningún tambre :P.
En Bertamirans
Despois de ducharnos chegamos ás 3 ao restaurante, media hora antes do previsto pero temos fame así que xa imos pasando. Aínda non é tarde pero xa case estamos todos. Empezamos co polvo e os pratos case non chegan a pousarse e xa están limpiños esperando para que os retiren e traian churrasco a esgalla. O ambiente é moi bo entre risas e conversacións entretidas das batallas da ruta e os plans para a próxima tempada. Hai bastante fame e a xente rilla o churrasco que da gusto. Levantamos a mesa sobre as 5.30 para tomar uns cacharros en Santiago para facer a dixestión 😉 ao que se apuntan todos os tambres, 3&run e alguns ultreias.
Moi boa quedada na que a xente quedou contenta desta estupenda xornada e na que nos poidemos coñecer todos un pouco máis. Moitas grazas a todos pola participación, e especialmente a Simal, Toribio e Pedro que sempre axudaron a guiar os distintos grupos que se foron formando ao longo da ruta.

 

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc