Club Ultreia
10/03/2010
Club Btt de Santiago de Compostela
  Inicio
Seccións
Inicio
O noso Club
Foro
Noticias
Outros sitios
Contacta con nós
Aviso Legal
Rutas
Galeria de Fotos
Licenza federativa
10 Aniversario
Calendario de Actividades
Marzo 2010
L M R X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4
Benvidos á nosa Web:

Animamoste a que pedalees con nós e para facelo non é preciso que sexas socio, tan só que te guste a bicicleta de montaña e a compañia. Procuramos programar as saídas cada mes, pero por defecto sempre quedalogoBenvida.jpgmos ás 10:30h. na Alameda no Paseo dos Leóns. De todos xeitos recomendamoste que lle botes unha ollada á programación do mes no apartado "Calendario de Actividades", no que podes consultar por día ou botarlle unha ollada a todas as actividades e saídas programadas do mes, e así ver por onde temos previsto sair e se esa saída supón unha variación no horario ou lugar de saída que temos establecido. Se queres mais información do noso Club, non dubides en entrar na sección de "O noso Club", informamoste de como facerte socio, e dos noso obxectivos. Entra no noso foro para saber o que estamos a facer e para participar nas saidas e actividades que facemos. Tamén Recomendamoste a sección de "Rutas", onde colgarmos tanto as rutas deseñadas polo club, como outras rutas que consideramos de interese.

Últimas noticias:

VI VIA PVBLICA BERGANTINIS
Malpica 2007Na tarde do último sábado de maio os animados ciclistas do Club BTT Ultreia na compaña dalgúns amigos sairon pedaleando desde Compostela para completar o itinerario que os levaría ata a  ermida de santo Adrián no límite septemtrional  da Costa da Morte e finalmente achegarse á vila de Malpica.

Os participantes cubriron este percorrido seguindo o trazado dun camiño medieval denominado Vía Pública Bergantinis que unía a cidade de Compostela co porto mariñeiro de Malpica. Atravesaron o río Tambre por Pontealbar, seguiron a liña de cumios polas terras de Trazo e Tordoia para precepitarse en Bergantiños e divisar finalmente o mar perto da meta.



2006 - Cumplimos 10 anos e algo máis dunha Volta ao Planeta...
p_Imagen_004.jpg
Unha década é moito e non e nada.
Parece que foi onte cando pedaleábamos sobre as nosas bicis de “pau”, sen tubeless, sen camelback, sen freos de disco, sen, sen, sen...pero con ganas de compartir  camiños e paisaxes , coa  ilusión de crear un novo xeito de facer deporte en grupo.

 Agora axúdanos a crear equipo a nosa páxina web, a comunicación electrónica, o G.P.S., pero todavía seguimos parecéndonos a aqueles que en 1996 decidimos sair ó monte sobre duas rodas: Quixéramos  ser  máis.

 A pesares de ser na actualidade o noso un dos equipos con máis número de licencias de categoría cicloturista de Galicia, segue vixente aquel lema de captación de socios que estaba acompañado da imaxe dun ciclista perdido no monte e con problemas mecánicos:

“Non saias So”..........[sigue]

Marcha Costas de FerrolTerra 2006
O domingo 18 de xuño deste ano 2006, fixemos a ruta "Polas costas de Ferrol Terra" (na sección de rutas pódese obter a infrmación completa). Tivemos un día estupendo para andar en bici, aínda que un día non tan estupendo para contemplar en todo o séu esplendor as vistas tan maravillosas que ten esta ruta, xa que estaba algo bretemoso. De todos os xeitos, houbo unha boa participación, e todos disfrutamos dunha mañá btterira. Podedes ver as fotos na nosa galería de fotos, na galería "Marcha a Ferrolterra 2006"

VI Maratón Los Monegros - 2006
Un ano máis o noso Club participa na edición do Maratón de los Monegros. Un dos Maratóns de Btt con máis participación en España. Este ano participaron 722 ciclistas de todo o estado. O noso club estivo representado por Raúl Iglesias, que acadou un estupendo 131 posto na xeral, e aínda máis estupendo 11 posto dentro da súa categoría (de maiores de 45 anos). Noraboa Raúl.
p_raulmonegros2.jpg
Socios
Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
Esqueciches o contrasinal?
Conectados
Temos 21 invitados conectados