Licenzas e circulación

30 Abr 2010 , Non hai Comentarios »

Nesta páxina pretendemos facilitarche os documentos necesarios para tramitar a túa licenza federativa así como dar información básica de normas en caso de accidentes e normas de circulación.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA TRAMITAR LICENZA

  • Solicitude de licenza ou impreso de renovación da licenza, os ciclistas de nacionalidade estranxeira non poden utilizar o impreso de renovación, teñen que utilizar obrigatoriamente o formulario da R. F. E. C. que se pode solicitar na Federación Galega.
  • Ficha de Recoñecemento médico, debe ir informado en todos os apartados obrigatorios incluído o E.C.G. Basal, hai que realizalo todos os anos a excepción da categoría de cicloturismo que non é obrigatorio, pero se aconsella realizalo en cada tempada.
  • Fotocopia DNI se se trata dunha licenza nova
  • Resgardo do pagamento de licenzas no que ten que figurar sempre como ordenante o nome do Club polo que se tramitan as licenzas. Débese realizar un ingreso polo importe da licenza do Club e outro polo total das licenzas individuais. Ditos importes débense trasferir á Federación Galega de Ciclismo (mais información na web da Federación). Se a tramitas a través do Club será a través da conta do club (ponte en contacto con nós).
  • 2 compromisos deportivos (contratos) nas categorias de cadetes, junior, sub23, elite, máster, veteranos e técnicos.
  • Relación de ciclistas por categoría, incluindo o director deportivo e os auxiliares.
  • Contrato de publicidade entre o patrocinador e o Club
  • Para tramitar a licenza de Club é necesario indicar o número de CIF do mesmo.

NORMAS A SEGUIR EN CASO DE ACCIDENTE

  • Chamar á MAPFRE ó seu número de atención, no que solicitarán os datos persoais e centro concertado ó que acudira. No caso de non sabelo preguntar polo mási próximo. Ó remate da chamada facilitarán un número de expediente, que se debe apuntar, e despois facilitarllo á Federación
  • Na chamada a MAPFRE pedirán o número de poliza, é 055-0280024010, tendeo sempre a man
  • Débese acudir SEMPRE ós CENTROS CONCERTADOS, para que o seguro se faga cargo dos gastos
  • Comunicar á Federación e facilitar o número de expediente o mesmo dia ou o primer día habil, para que esta poda emitir o Parte de Comunicación de Accidente
  • A FGC remitirá ó Club do ciclista o citado parte, co fin de que se entregue no centro concertado onde fué atendido o accidentado
  • En caso de que a caída se produza e unha proba, é o club do ciclista o que debe comunicar o accidente e non o organizador
  • O organizador debe facilitar ás ambulancias que cubran a proba a relación de centros concertados. O condutor da ambulancia NUNCA é responsable do traslado a outro hospital se non se lle facilitou a relación dos centros da nosa compañía
  • É recomendable que o responsable do equipo leve unha relación dos centros

NOVAS NORMAS DE CIRCULACIÓN DA DGT

O 24 de decembro de 2003 entrou en vigor o novo Regulamento de Circulación. Unha normativa que, aínda que implica a todos os usuarios, ten especial transcendencia para os ciclistas, xa que introduce cambios fundamentais que lles afectan. As normas que se detallan a continuación son algunhas desas novidades.

Reflectantes obrigatorios :

En vías interurbanas, cando sexa obrigatorio o uso das luces, os ciclistas deben levar unha peza reflectante que lles permita ser vistos a 150 metros.

Todos con casco:

Tanto os condutores como os ocupantes de bicicletas teñen que utilizar o casco de protección homologado ou certificado cando circulen en vias interurbanas. Poden quedar exentos desta obriga cando suban ramplas prolongadas, por razóns médicas ou en condicións extremas de calor. Os ciclistas que participen nunha competición, ou os profesionais durante os seus adestramentos, rexeranse polas súas propias normas.

Taxa de alcoholemia:

A taxa máxima de alcoholemia dos condutores en xeral (0,5 g/l de alcol en sangue ou 0,25 mg/l en aire espirado) tamén afecta ós ciclistas, ós que a norma inclúe expresamente. Esta taxa pode alcanzarse con só inxerir dous vasos de whisky ou dúas latas de cervexa. Tamén estan obrigados a someterse ó preceptivo test de alcoholemia.

Asentos para menores:

Os maiores de idade poden transportar a un menor ata sete anos nun asento adicional homologado instalado na súa bicicleta

Circular en grupo:

Os ciclistas poden circular en columna de a dous como máximo. Deben ir sempre o máis á dereita posible da vía e colocarse de un en un en tramos de pouca visibilidade. Poden circular por autovias os maiores de 14 anos, só pola beiravía, sempre que non estea prohibido polo sinal correspondente.Nese caso, un panel indicaralles o camiño alternativo. Por outro lado, non se consideran adiantamentos os producidos entre ciclistas que circulan xuntos. ademais, non están obrigados a manter separación entre eles, aínda que deben extremar a atención para evitar alcances entre os propios compoñentes do grupo.

Baixadas e coche de seguimento:

Nas baixadas porlongados con curvas, os ciclistas poden abandonar a beiravía e circular pola parte dereita da calzada que necesiten. Por outra parte, está permitido que os vehiculos de seguimeinto de ciclistas, que circulan a velocidade lenta, vaian pola beiravía.

Prioridade nos xiros:

Os ciclistas teñen prioridade de paso respecto ós vehículos a motor cando xiren á dereita ou á esquerda para entrar noutra vía. Tamén teñen prioridade cando circulen en grupo e o primeiro deles xa iniciase un cruzamento ou entrado nunha glorieta. Por outra parte, en vias interurbanas, se non existe un carril especialmente acondicionado para o xiro á esquerda, as bicicletas deben situarse á dereita fóra da calzada sempre que sexa posible, e iniciar o xiro desde ese lugar. Antes, esta norma tamén afectaba a vías urbanas, que agora quedan excluídas.

Facer un comentario

You must be logged in to post a comment.

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc