Monte XESTEIRAS

13 Nov 2010 , Non hai Comentarios »

ONDE  ?????

O Pico XESTEIRAS é o principal cumio dos montes da Terra de Santiago. Cos seus 716 metros  de altitude sobre o mar é o punto máis alto das montañas costeiras de Galicia. Se trazáramos unha liña imaxianaria entre Tui e Betanzos comprobaríamos que non existe á esquerda unha altitude superior a do Xesteiras.

E unha formación de granito co cumio redondeado atopándose na provincia de Pontevedra e compartindo superficie cos concellos de Cuntis, Valga e Pontecesures.

A súa proximidade ó mar e o encintado que lle fan os vales fluviais  próximos fanno sobresair sobre o seu entorno próximo. Claramente visible desde o Meda e tamén doado recoñecelo á nosa dereita  cando viaxamos pola autoestrada entre Caldas  e Compostela.

COMO SUBIR ?????

Son varios os itinerarios que por medio de pistas forestais nos poden levar ata o seu punto máis alto.

A ruta cicais a  máis levadeira é a que sae  de Cesures a pesares de partir do nivel do mar.  Sube un primeiro escano cara o Mte. dos Salgueiros  cubrindo   320 metos de desnivel e cunha pendente media do 3,71 %. Superada esta dificultade o itinerario transcurre por un longo trazado de case 10 km para arrodear o curso superior do rio Valga, transitar perto do santuario dos Milagres de Requián e realizar o achegamento ata o lugar de Fonte Magán.  A partires deste lugar a pendente increméntase progresivamente ata acadar ó 6,3%.  Chegado ó cruzamento chamado Curva dos Corvos a montaña impón o seu dominio sobre o ciclista pois ata o cumio restan 2,5 km cunha  media do 10,6 % e con tramos que chegan o 13 % de pendente como o que pasa ó   pé do gran penedo chamado Pedra da Aguia.  Se as condicións da superficie da pista son favorables para unha boa tracción superaremos este crítici paso e tan só quedarán uns centos de metros para coroar este coloso despois de 20 quilómetros de pedaleo continuo.

Existen outras rutas que,  partindo de Compostela,  dirríxense cara o Xesteiras ainda que  todas   deben atravesar o río Ulla. Tanto se o facemos  por Sinde ou por Pontevea coincidiremos  neste último tramo  coas dificultades engadidas  de vernos na necesidade de superar cortalumes desmontados da nosa máquina ou rodar máis tramos sobre o asfalto.

QUE  BONITO !!!!!

Desde o cumio do Xesteiras, a pesares da proliferación de antenas de comunicación, podremos admirar a Ría de Arousa enmarcada pola Serra do Barbanza e o Monte Xiabre. A súa esquerda chegaremos a divisar A Illa de Ons na boca da Ría de Pontevedra se o día está despexado. Mirando o Norte observaremos o cumio do Meda, a cidade de Compostela e a súa dereita a inconfundible silueta do Pico Sacro.

Tamén durante a ascensión podemos realizar paradiñas naqueles puntos de interese que nos permitan ademáis  recuperar folgos: O Petroglifo de Pedra da Serpe nas proximidades da aldea de Os Vilares, o Santuario de os Milagres de Requián ou xa na baixada as fervenzas de Raxoi.

Animádevos a participar nesta clásica ascensión ó “top -ten” dos Montes da Terra de Santiago pois non quedaredes defarudados e seredes considerados como uns auténticos ciclistas experimentados…

Información da data e lugar da saída.

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc