Os 10.000 de “El Soplao” BTT

24 Mai 2011 , Non hai Comentarios »

Os bos desexos para os nosos representantes na maratoniana proba de Cantabria fixéronse realidade.

Javier O. Espiñeira remata os 165 km no posto 515 en 9:42. Contaxiado polo impresionante ambiente rematou satisfeito  unha das probas “grandes”  do btt superando as dificultades que os calambres lle produxeron.

SuperBrandán acada o extratosférico  7º posto da xeral nunha proba que sempre lle resulta doada. Lembremos os seus postos, 1º (2007), 3º (2008), e 6º (2009). Esta é a súa crónica:

“A verdade e que non me esperaba este resultado despois de non poder entrenar nada no útimo mes, foron 15 dias antes da carreira entrenando a tope e a esperar se o corpo asimilaba ben a paliza… e parece que mellor do que pensaba.
Na saida parecia que se acababa o mundo (e todavia quedaban 165km), pero parece que o estar Ventoso, Joseba León  e algún que outro profesional mais animaba a todos a querer ir diante con eles ainda que fose nos primeiros kms. Para que fagas unha idea, no km 36 eu levaba 29 de media… infernal!!!! e para rematar, arriscando un pouco nun descenso para coller os primeiros cortei o tubeless nunha curva e perdin uns 5 minutos reparando… nese momento iria no posto máis ou menos 30 asi que xa daba por perdida a posibilidade de remontar, a miña sorpresa foi cando comezando a subir os portos mais duros fun collendo xente ( a Ventoso non lle fixo moita gracia e retirouse, jeje) ata que cheguei o último porto e conseguin facer un ataque e deixar a 4 que iban a roda. Xa ca adrenalina a tope baixei como se me fose a vida e antes de chegar a meta ainda pasei o séptimo, que con cara de susto preguntoume se lle iba disputar e dixenlle que non (a verdade e que ainda que lle dixese que si, xa estaba fundido, jeje). A sorpresa foi que en realidade fixen 6º xa que o sair máis tarde e os resultados ser por tempos, correspondiame o sexto (vamos o final ata tiven  sorte).”

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc