9 Feb
2015

Kdd visitando as terras do Tambre bike

kddTambre

 

Este pasado sábado amenceu frío e con cara de poucos amigos. O espertador sobresaltou aos TambreBike a iso das 7:00 da mañá, cando aínda non se albiscaban nin as primeiras raiolas do día. Non moi lonxe de Sigüeiro, os nosos colegas do Ultreia de Santiago facían o mesmo para xuntarse con nós, no pavillón de deportes, a iso das 9:00, para comezar unha longa ruta de 48 km. Esmorecidos de frío, algo durmidos e moi ben abrigados, aínda que falando máis ben pouco, os bikers ían preparando as súas monturas na explanada do pavillón. Foto de saída e todos desexando montar nas “fracas” para escorrentar a friaxe canto antes. A nosa saída, eramos 28, chamaba a atención dos poucos atrevidos que o sábado pola mañá, tan cedo,  xa facían os seus mandados polas rúas do pobo. Cruzamos a Ponte do Tambre e iniciamos o camiño pola aldea do Valado, a carón do río, e aos poucos xa estabamos subindo cara o lugar de Gosende ata a un monte que lle chaman A Zanca de Anido. Nos primeiros cinco quilómetros, sempre picando cara arriba, a friaxe xa era historia.

Atrás fomos deixando Vilacide para buscar os camiños de ribeira a carón do Río Lengüelle. A Ermida de San Román, na Parroquia de Trasmonte”, vixiaba o paso dos ciclistas, dende o alto de Fafián, que pedaleaban a bo ritmo dirección á Ponte da Garga. A subida a Porto Xesteiro foi especial, mesmo naquel intre pareciamos 28 churros metidos nunha pota de chocolate. Lama a esgalla, e as cadeas queixándose cando se lles pedía un novo engrenaxe nos piñóns. Despois de deixar a lameira, o camiño serpea polo medio dunhas carballeiras de embruxo que nos introducen no concello de Tordoia. A primeira aldea que nos atopamos neste concello é Méixome, unha pequena transición polo medio das casas e volvemos as corredoiras na procura da Igrexa de San Cristovo de Leobalde. Como se dun comité de vendida se tratara, algunhas persoas que esperaban a carón da igrexa, para asistir a misa, quedaron coa boca aberta mirando aquela ringleira de ciclistas que nunca acababa. En fila de a un, deixamos atrás Abongo, co repicar das campás de San Cristovo, no camiño que nos levaría ata o Castro do Regueiro, en Numide.

 

kddTambre2

A baixada do castro é impresionante de fermosa. Agora hai un camiño, “single track”, que está feito polas rodas das bicicletas onde antes non había máis que silvas e toxos. Unha baixada técnica que remata no Rego das Moradiñas e, literalmente, as bicis polo medio do rego ábrense camiño ata a Igrexa de Santiago de Numide. Unha vez máis reencontrámonos co Lengüelle e, despois de cruzar a vía vella do tren, empezamos a nosa ascensión na procura doutra igrexa, nesta ocasión a de Santa Mariña de Parada, xa no concello de Ordes. Xa está máis preto a mítica Fraga da Galiña onde nos atopamos con outra “chocolateira” das que fan afección.

A media mañá cruzamos a Estrada Nacional 550, a altura das Casillas (Ordes), e afrontábamos xa os derradeiros 20 quilómetros da ruta. Os camiños de Sar e a sempre fermosa subida pola corredoira da Pinguela, na Parroquia de Poulo, para atoparnos co Camiño Inglés de Santiago que xa nos levaría ata Sigüeiro facendo antes unha visita aos castros da Baxoia e Vilares. Chegada sobre as 13:20 horas ó pavillón, duchas e mangueira para homes e bicicletas respectivamente. Trala despedida dalgúns e un ata logo para outros, 17 participantes nesta quedada cos “Ultreia”, fomos dar conta dun saboroso churrasco de irmandade no Restaurante Os Mariñaos. Ruta fantástica, boa compaña e bo xantar, qué máis se pode pedir, se cadra un chocolate con churros para merendar, pero do de verdade. Grazas aos “Ultreia” por nos acompañar nesta saída e agardamos que lles gustara a nosa proposta de ruta.

Saúde, lume e fume negro!!

comidaKdd

 

Javier

C.C. Tambre Bike

2 Feb
2015

Quenda rutas Febreiro 2015

DATA

RUTA

HORA

OBSERVACIONS

DOMINGO, 1

1. Ruta da Merluza ( Burela)

2. Fervenza de Vigo (Boqueixón)

9.45

www. Championchipnorte.com

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2253639

SABADO, 7

KDD con TambreBike (Sigueiro)

9.00

Desprazamento en coche ata Sigueiro. Posibilidade de duchas e comida confraternidade post-Ruteo (faremos grupo guasap)

DOMINGO, 8

1.Compostela BTT – 2013

2. Bikedada Vigo

9.45

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4486891

www.bikedada.com

SABADO, 14

Por determinar

9.30 e 10.00

DOMINGO, 15

Stgo. – Santiaguiño do Monte (Padrón), polas beiras do Sar

9.45

Enviarase a nosalista oportunamente

SABADO, 21

Por determinar

9.30 e 10.00

DOMINGO, 22

1.BTT Concello de Rianxo

2.Ruta do Lacón (Cuntis)

3.Xiro a Compostela: SC-30

9.45

www.castrobarbudo.com/drupal/node/304

www.cdmxesteiras.com

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8552897

SABADO, 28

Por determinar

9.30 e 10.00

DOMINGO, 1 MARZO ¡!!

Monte Cecia – Rañalonga

9:45

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7948836

2 Nov
2014

I Quedada Tambre Bike

IMGP0215

Fai  unhas tres semanas comentaba Simal de que podíamos quedar para facer unha quedada cos meus amigos do Tambre para que coñeceran a zona por donde pedaleamos os ultreias. O Tambre Bike creose o ano pasado no Concello de Oroso entre xente de Sigüeiro e o resto do concello. Organizaronse bastante ben, nun ano teñen equipación completa e xa teñen marcha propia que se celebra o Día da Troita. Son un grupo de xente con moita ilusión polo deporte da bicicleta e bastante constantes nas saidas dende Outubro ata Maio, normalmente saen tanto as fins de semana como pola semana xa que moitos traballan a turnos e poden quedar para rodar entre entretidas conversacións unhas 3 ou 4 horas dependendo do tempo.

Read More »

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc