6 Xuñ
2010

Programa do mes de Xuño

Aqui tendes o programa deste mes que recolle distintas actividades sobre dúas rodas. No vindeiro fin de semana achegarémonos o Barbanza para superar o reto dos TRES PICOS.

O 19 e 20 de xuño, serán días de auténtica práctica ciclista xa que poderedes participar na tradicional MARCHA BTT COMARCA DO SAR durante a tarde do sábado e rematar o domingo coa ruta ENTREPONTES DO ULLA, unha clásica rompepernas entre Xirimbao e Ximonde.

Non podemos deixar pasar o mes de xuño sen percorrer O CAMIÑO DE FISTERRA, programado para o día 26, e cumprir así unha etapa máis do programa XACOBEO MMX.

Animo e a pedalearrrrr…

Para máis Información, podes consultar a sección de Calendario desta web, ou descargate o arquivo xuño2010 (formato word 2007)

22 Mai
2010

X VIA PVBLICA BERGANTINIS. de Compostela a Malpica polo trazado dos camiños medievais

O vindeiro 5 de Xuño, sábado, celebraremos a décima edición desta marcha que une sobre dúas rodas a cidade de Compostela coa vila mariñeira de Malpica seguindo o trazado dos camiños medievais.

Serán 80 km de percorrido sen dificultades técnicas, atravensando o río Tambre en Pontealbar, seguindo a liña de cumbres polas terras de  Trazo e Tordoia, e descendendo o val de Bergantiños para encontarse co mar perto do fin da ruta.

Unha vez en Malpica e tras a imprescindible ducha recuperaremos forzas dando boa conta da tradicional caldeirada.

Tras o éxito da pasada edición dividirémonos en dous grupos con distinto ritmo de pedaleo que se unirán no último tramo para chegar xuntos a meta. Cada participante poderá obtar por aquela modalidade que máis se lle axeite ás súas posibilidades:

EQUIPO A:  Saida as 12 h. dende O Paseo dos Leóns (A Ferradura)

EQUIPO B: Saida as 15 h.  dende o mesmo lugar.

Para poder contar con vehículo de apoio todos aqueles ciclistas interesados en participar deberán comunicalo antes do 3 de xuño,  xoves,  a través foro desta páxina, polo enderezo: <nosalista@clubultreia.com>;  ou no móbil do club: 695441897.

MAIS  INFORMACION. (Arquivo engadido de Word)

7 Mai
2010

VIA VERDE

Desde o ano 2007 os medios de comunicación locais foron testemuñas da posibilidade de poñer en funcionamento como vía verde parte do antiguo trazado ferroviario entre Compostela e A Coruña. A pesares da boa acollida inicial do proxecto por parte dos responsables do Concello de Santiago, no día de hoxe parece totalmente esquencido.

Desde aquí queremos reinvindicar o acondicionamento e posta en funcionamento deste magnífico recurso lúdico e deportivo que beneficiaría a un gran número de cidadáns especialmente aqueles que se inician nesta práctica deportiva.

Mais información (documento en Word 2007) … Via verde de Compostela

2 Mai
2010

Programa de saidas e actividades Maio 2010

Xa temos o programa de actividades para este maio 2010. Procuramos como sempre que as saídas programadas sexan variadas.

Este mes destacamos a saída especial do 17 de maio que facemos todos os anos facendo a Ruta Rosaliana onde nos achegaremos ata os lugares importantes da vida da nosa poetisa universal. Unha vez mais, é a nosa maneira de combinar cultura e deporte.

Tamén destacamos a subida ao Monte Muralla, con 70 quilometros de percorrido e unha costa final de 2,5 quilometros cun 8’5% de desnivel, todo un reto para os mais deportistas.

E moito mais…….

Deixamoste o arquivo en formato word das actividades deste mes con toda a información, de horarios, dias, itinerarios, etc.. Descargao para mais información.

Esperamos que disfrutes.

28 Abr
2010

XACOBEO 2010 MMX

Neste ano 2010 o club BTT ULTREIA quere contribuir á conmemoración xacobea programando percorridos cilistas polos cinco camiños que chegan ou parten de Compostela.
O obxectivo proposto consiste en poder achegarse a estas tradicionais rutas, testemuñas das actividades do club Ultreia desde os seus comenzos que, como auténticas arterias de comunicación para dúas rodas, permiten contar cunha rede de itinerarios moi favorables para a práctica do ciclismo de montaña. Compre lembar que a relación do noso club cos itinerarios xacobeos ven desde a mesma orixe do seu nome: ULTREIA, antiga voz de ánimo dos peregrinos medivais.

No pasado mes de marzo e a pesares do mal tempo percorreuse o trazado do Camiño Inglés entre a Cidade de A Coruña e Santiago de Compostela.
No de abril rodaremos polo Camiño Portugués. Partindo da vila de Redondela chegaremos a Compostela´nunha única xornada cubrindo unha distancia próxima ós 90 km.

En xuño chegará o momento do Camiño de Fisterra, único que parte da cidade do apóstolo para achegarse o mar tras precorrer unha distancia próxima ó centenar de quilómetros.

Un ou varios días de setembro serán os escollidos para rodar polo Camiño do Sueste, chamado tamén extensión da “Vía da Plata”. Ainda que o lugar de partida e as xornadas adicadas dependerá da elección dos participantes, seguramente todos celebrarán entrer na cidade baixo o arco da porta de Mazarelos.

No outono percorreremos a decimoterceira etapa do Camiño Francés, sinalada no Códice Calixtino (primeira e medieval guía de peregrinaxe) entre Palas de Rei e Compostela. Serán 64 km. de perfil “rompepernas”.

Agardamos a vosa particimación,

E ULTREIA !
E SUS EIA !

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc