PEREGRINO EXPRESS

12 Xuñ 2011 , Non hai Comentarios »

Esta maña de domingo o entorno da catedral arrecendía a ambiente ciclista polo número de “bicigrinos” , na maioría “beteteros” portugueses, que se abrían paso  entre a xente.

Nembragantes naquel rebumbio, un miudo ciclista con fisonomía que lembra a de Pantani destacaba sen pretendelo entre os acampados, as bicicletas amoreadas e os paseantes. Acababa de rematar o Camiño de Santiago  sen paradas en vintesete horas e media superando o reto proposto de conquerilo en menos de 35. Chámase David López, valenciano e enfermo de hepatite C, de feito a súa fazaña foi en favor da Asociación Española desta enfermidade para demostrar que a súa doenza non é un freo para afrontar retos deportivos de calqueira índole. Neste desafío foi acompañado por Julían Sanz, “ultracicling rider” e Campeón do Mundo do Tour Ultimate 2008. Sen quitarlle mérito ó protagonista, foi quen axudou a David a loitar contra o vento  da meseta e a subir o mítico Cebreiro na madrugada de hoxe. Foi un percorrido ininterrunpido de máis de 700 quilómetros desde as 7:10 do sábado ata as 10:45 desta mañá. Satisfeito polo logro conquerido, amosábase comunicativo e sen síntomas claros de fatiga nin de sono despois de cubrir a ultramaratoniana distancia. A miña vista, mentras o escoitaba, non deixaba de fixarse no sillón da súa bicicleta de estrada marca Carrera e na badana do  seu cullotte pero, para a miña sorpresa…eran normais!!!! Da súa montura tan só destacaban os acoples de triatleta e as luces de posición que lle axudaron no traxecto nocturno ademáis da  iluminación do coche de apoio. David non perdeu tempo en selar a credencial de peregrino pero comentou que rebaixaría o tempo empregado se non fora pola entrevista radiofónica da que foi protagonista nas proximidades de Compostela. Antes de despedirnos animeino a repetir para o próximo ano….Felicidades Campeóns!!!!

+ INFO:  Artigo

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc