PROGRAMA. Abril 2011

29 Mar 2011 , Non hai Comentarios »

Chegada a primavera e cos días máis longos non podemos desaproveitar as ocasións que ofrece o noso PROGRAMA de Abril para pedalear intensamente.

No primeiro domingo do mes percorreremos o clásico circuito “Federación 2002” que nos ofrece magníficas posibilidades para a práctica do BTT.

A segunda cita coa Transgalaica , esta vez en Cotobade, será o 10 de Abril para aqueles que asuman o reto do maratón en btt. Ese mesmo día teremos a posibilidade de circular polo atractivo trazado do “Oito de Bastavales”.

O domingo 17 sumarémonos á IIª Marcha O.E.A. de Brión tras o éxito da pasada edición. Os que non desexen participar nesta marcha poden acudir a Ferradura para elexir un circuito sen determinar.

Para a semana santa reservamos a “Ascensión ó Castro Valente” (xoves, 21) e a esquecida “Marcha a Poulo” (domingo, 24) especial para “rodadores”.

Lembramos a todos os socios e amig@s que seguimos acudindo os sábados as 10 h. ó paseo de A Ferradura para realizar percorridos que non aparecen no programa.

MAIS  INFORMACION no ARQUIVO:  Abril.2011

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc