PROGRAMA de MAIO

26 Abr 2011 , Non hai Comentarios »

O mes de maio sempre resulta propicio para aumentar a quilometraxe  en bicicleta polo que propoñemos un programa de marchas que agardamos sexa do agrado de tod@s.

O primeiro de mes realizaremos a “Travesía do Mte. Bola” acadando o punto máis alto do término municipal de Compostela.

A marcha, en principio programada para o día 8, trasládase para o 29 de maio debido ó pronóstico de mal tempo. Ese segundo domingo de mes realizaráse unha marcha con percorrido sen determinar.

O domingo 15, percorreremos a clásica “Ruta da Auga” como perparación para o martes 17, no que parte do club participará na terceira xornada da Transgalaica en Sanxenxo. Ese mesmo día   os  ciclistas que o desexen poden realizar a “Ruta Rosaliana” seguindo os lugares máis sobranceiros da vida da poetisa.

O día 22 será o escollido para descender entre Ponte Albar e Portomouro próximos ó cauce do Río Tambre.

O domingo 29 desprazarémonos en autobús  ata Valga  percorrer os itinerarios de sendeirismo Valga-Cuntis e Panorámico de Cuntis que proporcionará os ciclistas participantes unha auténtica xornada btt descubrindo lugares ata agora inéditos nas marchas do club.

MAIS INFORMACION NO ARQUIVO: Maio2011


Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc