PROGRAMA de Novembro 2010

27 Out 2010 , Non hai Comentarios »

Chegado o Outono é o momento ideal para disfrutar do noso entorno máis próximo cabalgando sobre dúas rodas e consolidar así a numerosa participación de ciclistas das últimas saidas.

O primeiro de mes daremos unha volta polo veciño concello de Teo enlazando algúns lugares de interese como: Petroglifo de Cornide, Pedra Escorredía, Fervenza do Río Tella para regresar a Compostela polo itinerio da Batalla de Cacheiras.

O domingo día 7, saindo da cidade polo Camiño de Fisterra seguiremos desde Bartamiráns a frase da cantiga popular: “POLO SAR ABAIXO VAI..”  e regresaremos polo Camiño Portugués.

O día 14 sairemos de Compostela con rumbo Norte para chegar o ALTO da MEDORRA no Concello de Trazo a través de pistas de fácil rodadura e sen dificultades montañosas.                                                

Quen non subiu ó MONTE XESTEIRAS non pode presumir de ser un ciclista experimentado…Escalarémolo o terceiro domingo de Novembro coa opción máis doada de iniciar o percorrido desde Pontecesures ou facelo desde Santiago.

Rematarémolo o mes coa clásica saida programada para o domingo 28: CONQUISTA das TORRES de ALTAMIRA que desde Compostela achéganos a este magnífico mirador sobre a bisbarra de  A Mahía.

Máis Información no Arquivo Adxunto: NOVEMBRO

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc