PROGRAMA de XUÑO

29 Mai 2011 , Non hai Comentarios »

Recén saido do forno, servimos o Programa de Xuño despois dos cambios de última hora na cociña….

Como aperitivo para todos aqueles que queiran retirar o “L” da súa bicicleta non poden desaproveitar a ocasión do 5 de  xuño para darlle unha boa dentada o  Monte Xesteiras, cúmio principal do Occidente galego.

Os entrantes do menú consistirán en que o Club Ultreia asumirá o Desafío do Candán como propio para o 12 de xuño, despois de que a organización suspendera esta proba por falta de inscriccións.

O prato principal degustarémolo o fin de semana do 18 e 19 de xuño. O sábado os ciclistas que o desexen poderán catar a II marcha btt “Río Ulla” de Touro e así abrir boca para a degustación das fermosas paisaxes da   marcha do club “Tres Picos do Barbanza” durante a mañá do domingo.

Como sobremesa reservamos a clásica “Via Pública Bergantinis” que na súa 11ª edición unirá Compostela con Malpica seguindo o trazado dos camiños medievais para rematar coa tradicional caldeirada o sábado 25 de xuño.

Por se alguén lle quedase un oco no bandullo pode acudir o primerio sábado de xullo  á ” Marcha MTB de O Bierzo” con varias opcións de quilometraxe pero lembrando que a inscricción remata o 2 de xuño !!!!!

Bo proveito.

Máis Información: XUÑO 2011

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc