VIA PVBLICA BERGANTINIS

7 Xuñ 2010 , Non hai Comentarios »

De Compostela a Malpica de Bergantiños polos camiños medievais

Autor: PEDRO DELGADO


Ficha técnica

DISTANCIA: 80 Km.

CARTOGRAFÍA: Mapas do I. G. N. de escala 1:25.000. Follas: 94-IV, 94-II, 69-IV, 69-II, 44-IV, 44-III, 44-I.

SUPERFICIE E VIAS: Principalmente pistas forestais de terra e pistas asfaltadas, tamén algún tramo de corredoira

CICLABILIDADE: Toda

DIFICULTADE: TÉCNICA: baixa. FÍSICA: media/alta pola distancia.

TEMPO APROXIMADO: 6 horas con media de 15 Km/h.


Presentación

Coa intención de crear grandes percorridos ciclistas en btt xurde a idea de unir a cidade de Compostela coa vila mariñeira de Malpica seguindo o trazado da denominada Via Pública Bergantinis

De Santiago a Bergantiños.

El camino sale por Puente Pedriña de Arriba, sobre el río Sarela; pasa por la Peregriña y cruza un pequeño río por el puente de Gatofero en Bargo.(“Yendo su muger doña Teresa para Santiago…saliole al camino Alvaro Pérez de Moscoso a la Ponte de Bargo…”). Sigue por Miramontes, Crixoa y cruza el Tambre por Puente Albar (1480: en el testamento de D. Sánchez Ulloa hay una manda para “un home que vive cerca de puente Albar”). Va a continuación por S. Cristobal de Xavestre y Longarela, donde bifurca otro camino hacia el Oeste…

La “vía pública de Bregantinis” no era ésta que iba por Cabaleiros y el porto de Oleiros, sino una, casi paralela, que salía de la mencionada encrucijada de Longarela e iba por S. Pedro de Benza, Brea, Abelenda, Forca (donde cruzaba con la “transversa de Rouordelio” que seguía por Tordoya y Piñeiro). El Camino de Bergantiños, desde aquel cruce, seguía por Folgueira, Portocovo, Portochan, Entrecruces, pasaba cerca de Santa María de Rus y por Quintäns, Ardaña (1563: Casal de Quintas, en Santa María de Ardaña, da al “camino real que va para Santiago y Coruña, que más adelanate se llama también camino francés”) y Brea, a Carballo, y de allí seguramente a Malpica, siguiendo el trazado de la vía romana. (Ferreira; 198 :133-134)

Comunicando os lugares que xa existían no medioevo, primeiro sobre o mapa e despois sobre o terreo , diseñamos un percorrido de longa distancia moi axeitado para a práctica do ciclismo de montaña.

Itinerario

Os ciclistas saen da cidade de Compostela polo lugar onde situábase a porta da muralla medieval denominada subfratribus con rumbo noroeste. Pronto salvan o familiar río Sarela pola garimosa Ponte Pedriña de Arriba a carón da decimonónica fábrica de curtidos que agarda rehabilitación. O remonte do cauce do río dirixe os que pedalean ata a igrexa parroquial de Sta. María de A Peregrina para, de seguido descender cara a ponte mdieval de Gatofero en Bargo.

Seguindo a escorrentía das augas o grupo ciclista descende sen esforzo pola aba da cunca do río Tambre. Pontealbar testemuña o seu paso abríndolle o camino cara o val de Xavestre. Dende a igrexa de San Cristobo o grupo ciclista achégase ata o lugar de Longarela, noutrahora encrucillada antiga de camiños, hoxe humilde lugar aldeán. Resultalle difícil abandoar o asfalto ainda que manteñan o rumbo do trazado medieval ata A Brea, nome de lugar que testemuña o seu pasado relacionado co trazado viario. A partires de aquí o itinerario encamiña ós ciclistas pola liña de cumbres que domina os términos municipais de Val do Dubra e Trazo como se a intención do seu rectilíneo percorrido fora a de evitar os lamacentos fondos dos vales, ou o posible encontro cos salteadores de camiños.

O punto máis alto da Vía Pública augura ós esforzados da ruta un escalonado descenso ata as feraces terras de Bergantiños. Se miran ó lonxe albiscan, próximo a meta, ó fendido Monte Neme que o seu círculo lítico e os aquelarres da meigas non protexeron das explotacións mineiras.

“…parroquia de Entrecruces, terra de cesteiros. Ainda quedan artesáns que venden os seus productos na feira de Carballo.” (FERNANDEZ, Xan; 2001: 90)

A suave orografía permite ós ciclistas transitar con alegre pedaleo polas agras anexas ós lugares xa existentes na idade media de: Entrecruces, Rus, Ardaña ata o de Brea, preto da vila de Carballo

Sta.María de Rus. Munnia Froilaz, irmá do Conde de Traba Pedro, dona á igrexia de Santiago “una villa con su pequeña iglesia llamada Rus”..(S.XI “Historia Compostelana“).

“A explicación de que esta extensa parroquia rural teña un templo desta categoría hai que buscala no feito de que estivo baixo o señorío do mosteiro de San Martiño Pinario ó que lle aportaba unhas substanciosas rendas”. (FERNANDEZ, Xan; 2001: 88)

“…a aldea de A BREA, topónimo que significa camiño ou verea, en alusión ó antigo camiño real que pasaba por este lugar. A sona desta aldea venlle do pan. A maioría dos seus habitantes eran panadeiros e dedicábanse a vender o pan polos núcleos de arredor e polas feiras . Contan os vellos que coas súas cabaleirías chegaban ata a feira de Padrón” (FERNANDEZ, Xan; 2001: 88).

O paso polo tramo urbano da capital comercial de Bergantiños fai que o grupo ciclista sexa máis sensible ós primeiros síntomas de cansanzo. De seguido, os piñeirais a beira da ruta arroupanos do nordés mareiro ata chegar a Cances da Vila, emprazamento de fortaleza antiga, hoxe sen vestixios.

Carballo, de existir en la Edad Media, debía de ser un núcleo de población insignificante y no el centro de la comarca de Bergantiños , como lo es hoy. Sin embargo pasaba por allí una vía roman, y es posible que tuviese ya entonces su papel de encrucijada distribuidora de los caminos a los diversos puntos de las tierras de Seaia, Bergantiños y Faro, los puertos de Malpica, Laxe, Camariñas y Muxía, y las fortalezas señoriales repartidas por la zona. (Ferreira; 198 :134-135)

” A orixe de Carballo como núcleo urbano hai que buscala no reedescubrimento de xeito casual das augas termais no ano 1716.” Os arqueólogos deducen que os restos das construccións que se descubren corresponden á época romana. As primeiras construccións novas que se levantaron preto da zona dos baños foron a capela da Virxe da Estrela e dúas casas para albergar ós bañistas pobres. No 1856 desvíase o antigo camiño real que pasaba por Berdillo cara o trazado da actual estrada de A Coruña que pasaba polo novo centro urbano. A principios do século XX trázase a actual estrada cara a Santiago. (FERNANDEZ, Xan; 2001:74/77)

Cances da Vila. Neste lugar celebrábase feira de gando. Carre Aldao infórmanos de que preto da igrexia de San Martiño, apareceu unha necrópole romana ou suevo-visigótica, na que se atoparon varios sartegos feitos por tellas planas de groso volume…”

“A parroquia de Cances tivo un gran protagonismo durante a II Guerra Mundial debido ás minas de wolframio que se atopan dentro dos seus límites. Moitos labregos facían dobre xoenada, polo día realizaban as tarefas agrícolas, e pola noite, acodían ó monte a extraer clandestinamente algún mineral que tiña unha alta cotización no mercado.” (FERNANDEZ, Xan; 2001: 94/95)

Tras curtas e duras subidiñas os viaxeiros do pedal chegan a Feira Nova, nas proximidades do pobo oleiro de Buño. Desmontan das súas cabalgaduras para repoñer forzas e así poder cubrir as légoas finais do seu percorrido.

“Ainda se manteñen en pe as casas onde se establecía o bar da feira. O actual campo de fútbol era o espacio para a venda de vacas e cabalos. No grupo de casas agradaban a súa transacción os porcos. No medio da fileira de plátanos expoñían a súa mercancía ás rosquilleiras.

A actual axencia municipal de lectura exercía de báscula para pesar os animais. Abaixo, pola estrada erguíanse os pendellos de pedra onde se vendían roupas.” (POSE/VARELA; 2000: 65-66)

TARAIO. ” o Pazo de Brandeiro, de planta rectangular, convertido en casa de labranza. Aínda se albisca o seu poderío no escudo e no beiril engalanado do tellado no que se esculpen figuras a modo de canzorros. A esquerda, nun outeiro convertido en prado encóntarse o castro de Taraio.

Camiño adiante, poderemos chegar ata a Chousa da Casa Vella, lugar onde o labrador Manuel Outeiro encontrou a cista de Taraio. Datada en 1.6oo a.C….Ao contario que as mámoas, esta cista é un exemplo de enterramento individual. No seu interior foron achados un vaso campaniforme e un coitelo. (POSE/VARELA; 2000: 44).

Despois de  Leduzo e Taraio, o tránsito a través do bosque de piñeiros resulta agradable para os ciclsitas que circulan sobre un

camino amplo limitado por balados ás súas beiras indicandolles a súa importancia no pasado. Rodan pola encrucillada de O Marco, próxima a anta de Pedra da Arca, noutras edicións visitada.

Nas proximidade

s de Santiso os modernos xinetes abandoan o rumbo do porto de Malpica virando a roda dianteira cara a ermida do Santo Hadrián do Mar situada sobre a aba do cabo do mesmo nome e fronte as Illas Sisargas, límite Norde da Costra da Morte. Tras a competida subida sobre o asfalto ata a capela, por fin o océano maniféstase en toda súa salvaxe magnitude. O santuario e o lugar do seu emprezamento xustifica o desvio realizado polos ciclistas con respecto o trazado da Vía Pública Bergantinis.

A capela data do século XVI pero ben podía tratarse dun lugar de culto anterior. Xentes de todo Bergantiños ofrécense e adoitan visitar o santo iconografíado pisando unha serpe. Conta a lenda que, grazas a súa presenza e predicación antiga nestes confíns da terra, librou ó terrirorio da praga de oficios que o asolaba. A ausencia de serpes nas veciñas illas e a existencia dunha forrmación rochosa que, na beiramar semella a perfección un destes reptis, sementa a fantasía de moitos.

O pasar pola fonte do santo os ciclistas sorpréndelles a visión dos numerosos panos de man tendidos a secar nas silveiras das beiras. E a persistencia da tradición que consiste en mollar o pano na auga milagreira, aplicalo a unha parte doente do corpo e pousalo a secar. Cando o pano este seco a docencia quedaría san.

O grupo ciclista, agora espallado, continua paseniñamente seguindo a liña da costa ata a vila de Malpica, fin da ruta, e coa satisfacción do obxectivo cumprido.

“Malpica, señorío do arzobispado de Santiago de Compostela, aparece citada nos documentos do século XIII. Sancho de Ulloa, autonomeado conde de Monterrei, apoderouse de Malpica no século XV.” (LAREDO VERDEJO, 1980: 70/71)

“A orixe do núcleo de Malpica poida que teña relación coa pesca baleeira, actividade que practicaron os bascos nas nosas costas durante os tempos medievais e modernos ” (FERNANDEZ, Xan; 2001: 146)

“Esta vila é o porto onde se pescan máis baleas de todos os demáis de Galicia. Péscanse cada ano sete ou oito baleas, dúas máis ou menos, arredan os biscaiñoS, que son os que as pescan; ó arcebispo páganlle cada ano sete mil maravedís de renda fixa” (Cardeal DEL HOYO, 1607).

“Antes de pasar esta punta, está o porto de Malpica, que está sobre rocha con só catro brazas de auga; polo que tan só poden entrar barcos de pesca, que son os que abundan. O lugar ten catrocentos dez veciños, os máis deles empregados na pesca, e algúns mariñeiros e labradores” (XOSE CORNIDE, 1764)

” A partir do século XVIII, a pesca da balea perde importancia, sendo substituida pola sardiña e o congro…. Nos anos vinte esta vila tiña ó redor dos mil habitantes , o núcleo extendíase ó sur do monte da Atalaia e a través do istmo que une a pequena península co continente. A praia que se abre cara ó leste facía de embarcadoiro, na que atracaban as embarcacións de remo e vela cargadas de sardiña e outras especies, pesca destinada na súa meirande parte a abastecer as fábricas de salgadura que había. Pero ás veces eran as mulleres dos propios mariñeiros as encargadas de comercializar o peixe en Carballo ou na Coruña.” (FERNANDEZ, Xan; 2001: 147)

“Malpica de Bergantiños para nós é o sorprendente, o marabilloso.

Naceu do mar como Venus, a deusa do amor e da beleza.

Resulta ser unha vila tan incríbel que non sabemos se é

unha lanza que a terra meteu no mar para conquerilo

ou un enorme centolo petrificado

quen sabe por que máxico encantamento.”

Manuel María (Fraga/Pose; 2oo1: )

BIBLIOGRAFIA:

FERREIRA, E. (1988): “Los Caminos Medievales de Galicia”. Boletín Auriense. Anexo 9. Museo Arqueolóxico Provincial. Ourense.

FRAGA, X./ POSE, H.(2001): “Malpica de Bergantiños. Crónica do s.XX en imaxes”, Espiral Maior; A Coruña.

FERNANDEZ CARRERA, Xan X. (2001): “A Comarca de Bargantiños”. A Coruña.

LAREDO VERDEJO, X.L. (1980) “Galicia Enteira,1. Costa da Morte e Fisterra”, Edicións Xerais de Galicia; Vigo.

VARELA, Xosé M./POSE, Héctor. (2000): “Camiños polo Concello de Malpica de Bergantiños”, Consorcio Municipal de Malpica de Bargantiños.

Facer un comentario

You must be logged in to post a comment.

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc