TransGalaica 2

Magnífica xornada  para os ciclistas do BTT ULTREIA na localidade de Castrelo de Miño. Por fin, atopamos en carreira oficial  a un excelente  Denís Ameneiro  confirmando as esperanzas que a súa boa forma auguraban. Entraba no posto 31 da xeral moi por diante de Pedro Delgado que, como en Cotobade, gañaba na súa categoría de master-50  e  conquistaba o posto 47 nun circuito favorecedor para as súas características.  Anxo Vilanova completaba o trío que levaba a que o noso club acadara un  meritorio 9º posto da xeral por equipos acercándose ós resultados da temporada pasada pero estra vez sen Brandán. Gonzalo Suárez aseguraba unha posible retirada dos anteriores coa súa firme regularidade e como se fora un día máis da súa preparación para a vindeira cita de “O Soplao”.  Moi satisfeito atravesaba Raúl Iglesias a liña de chegada sobre a súa montura de 29 pulgadas, superando os problemas das semanas anteriores e sendo o único participante da categoría M-60. Nembragantes, o  festival non chegaría ata   entrada de Jesús  Simal e Manolo Ruda, collidos dos hombreiros, baixo o arco do Nautico de Castrelo xa que o primeiro  completara o día anterior os “101 Peregrinos”. Bravo por todos !!! Compre tamén  resaltar a actuación dos amigos  “corbelos”:  Brandán, 2º na chegada. Juancho, terceiro en categoría elite, Silvia no  mesmo lugar  en féminas e Xisco no 30º da xeral.

TODOS OS RESULTADOS

A CRONICA…por Anxo Vilanova

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc