TRANSGALAICA. Sanxenxo

18 Mai 2011 , Non hai Comentarios »

Excelentes resultados obtidos polos corredores do Club Ultreia na derradeira xornada da Transgalaica 2011 celebrada onte en Sanxenxo.

De novo Brandán demostrou a súa calidade  deportiva ocupando 4º posto da clasificación xeral a pesares de non estar restablecido totalmente das lesións sufridas no accidente de Lanzarote.  Sensacional!!!! E un luxo contar con él no equipo.

Por detrás Angel Pais no posto 58 e Javier Otero Espiñeira no 59 completaron o duro percorrido en auténtica labor de “tandem” o que lles valeu para clasificarse en 4º e 5º lugar da categoría Open ainda que estamos seguros que podrían estar dez postos máis adiante na clasificación xeral segundo o seu estado de forma.

Os postos 83º e 84º foron para Cristóbal e Pablo Antorrena os cales consolídanse  cada vez máis neste tip0 de probas e auguran bos resultados para a próxima cita de maratón btt como é o desafío do  Candán do vindeiro 12 de xuño. Non por eso deben descoidarse pois Raúl entrou no próximo posto 87º clasíficandose primeiro da categoria master 50/60 e xa coñecemos  como pedalea o noso veterano compañeiro nas distancias longas.

Mágoa foi a imposibilidade de puntuar como equipo debido á caida de Pedro Delgado antes da saida. Agardamos que  para próximas edicións teñamos máis corredores con  licenza distinta da cicloturista para poder figurar na clasificación por clubs.

Enoraboa a todos !!!! e grazas a Sergio polas fotos.

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc