Transpyr 2015

inicioTranspyrTranspyr é unha carreira que transcurre en BTT ou estrada e que se ofrece en tres modalidades: Este, Oeste ou Adventure. A modalidade Adventure atravesa todos os Pirineos e enlaza o Mar Mediterráneo co Cantábrico en 7 duras etapas. Ultreia optou pola modalidade Adventure e foi con duas parellas unha en categoría homes formada por Arturo Ferreiro e Alberto Illodo e outra en categoria Master formada por Javier Otero e Gonzalo Suárez. O carreira comezaba o Domingo pero para nós xa empezaba o sábado ;), a pesares de ter a furgo cargada, erguémonos cedo para chegar con tempo a Roses para recoller os dorsais. Chegamos as 4 a Roses, e había un calor abafante que anticiparía unha semana de moito calor.

Pirineo Catalán

Etapa 1 – Roses > Camprodon – 120 Qm 2095m desnivel positivo

Etapa 2 – Camprodon > La Seu d’Urgell – 114 Qm 2600m desnivel positivo

Etapa 3 – La Seu D’Urgel > El Pont De Suert – 119 Qm 3400m +

Etapa 4: El Pont De Suert > Aínsa – 95 Qm 2785m +

O domingo erguémonos ás 6.00h da mañá para almorzar todos xuntos, logo de amañar as maletas para entregar á organización empezamos a carreira con puntualidade ás 8.00h da mañá. A primeira parte da carreira é moi chan e rápida, de todolos xeitos coido que imos demasiado rápido sabendo todo o que nos queda nos vindeiros días. A navegación faise difícil con tanto sol e po e tanto detalle (topo spain) no mapa do gps. Fai moito calor e as cigarras emiten o sonido ensordecedor durante toda a etapa símbolo inequívoco de que estamos ante un día moi caluroso. A medida que avanza a etapa xa empezan a aparecer as primeiras rampiñas. O pulso está moi alto e non sabemos ata que punto recuperaremos para o día seguinte. Logo de 8 horas chegamos o equipo Master a Camprodon tras un pinchazo e varios erros de navegación chegamos 17º. Destacable a etapa da outra parella que quedou finalmente 11º na etapa. Etapa moi dura que sobre o papel debería ser moi sinxela pero co calor e a continua subida ata Camprodon que estaba a 1000m fixose eterna.

Na seguinte etapa empezamos subindo bastante forte e formamos grupeta co resto de ultreias e o equipo Buff. Xa se nota que estamos entrando en paisaxes de alta montaña e xa non fai tanto calor como o día pasado. De momento imos ben, pero a falta de 10 Qm un novo pinchazo pola miña parte cun pao nunha crossmark recen estreada fai que non poidamos loitar polo podio  X-(.

Na  3ª etapa e etapa raiña, segue a nosa mala sorte, e desta vez tócalle ao meu compañeiro Javi que pincha tres veces que nos obriga a andar pedindo cámaras X-(. Tomamos a etapa con tranquilidade para ver se na seguinte podemos atacar o podio.

Na derradeira etapa dos Pirineos Cataláns saimos moi ben con bastante forza e a sorte empeza a poñerse de cara cando pasamos aos primeiros que se atopaban pinchados nunha baixada con moita lousa na que era moi doado rajar a cuberta. A paisaxe é espectacular e hai moito sendeiro entre bosques coas montañas ao fondo. Xa estamos no corazón dos Pirineos. Para despedir a etapa a baixada máis espectacular da Transpyr 14 Qm de sendeiro polas veces técnico pero moi divertido na que volto a pinchar X-(. Con todo na entrada de Ainsa acadamos o terceiro posto, iso si apretando na subida xa que tiñamos á parella belga a pouco tempo. Ainsa é un dos pobos máis chulos de toda a Transpyr, forma un conxunto mediaval con castelo é unha praza con moitos soportais que aporta un marco incomparable para rematar a etapa.

Pirineo Aragonés

Etapa 5 – Ainsa – Jaca – 95 Qm 2340m +

Etapa 6- Jaca – Burguete – 137 Qm 2595m +

As etapas do Pirineo Aragonés continúan cunha calor abafante, a primeira parte, pola nosa parte foi unha carreira moi rápida con moito pó. Agora parece que xa hai mais marcaxe nos equipos e a pesares de ir de segundos detras dos belgas durante toda a etapa, finalmente nos últimos quilómetros pasanos primeiramente o equipo Buff (buff como ían ;), non eran os dos días anteriores) e na derradeira trialeira os que ían primeiros na xeral de Master. A chegada a Jaca volta a ser espectacular entrando na ciudadela de Jaca. Para min a mellor etapa como equipo, cun ritmo moi forte de principio a fin, o que pasa é que había máis marcaxe e xa non tiñamos a pel de cordeiro :). Moi contento e sen avarias por fin!!

Na seguinte etapa as sensacións non son boas, nos primeiros quilómetros perdemos o pelotón que ía a mil pola primeira parte. A medida que aparecena as primeiras costas as sensacións non son boas e decidimos ir a terminala etapa. De novo, temos algo de sorte, os belgas están pinchados nunha sombra reparando a cuberta. Esto danos azos para polo menos ir ao trantran e a ver se volvemos a rematar con outro podio. O terreo é bastante rápido pero segundo o perfil e polo que nos comentaron os compañeiros o final é fodido. Nada máis entrar en Navarra, xa empezamos co pateo, case media hora, iso si a paisaxe xa empeza a ser cada vez máis verde e deixamos atrás a polvareda e pisteo do Pirineo Aragonés para entrar nas alfombras e herba do Navarro. Finalmente chegamos a meta conquerindo un novo podio!! coa parella catalana pisándonos os talóns

Pirineo Navarro

podioTranspyrEtapa 7 Burguete – Hondarribia 93 Qm 1980m +: A derradeira etapa só ten 60 Qm cronometrados. Decidimos ir a polo podio da etapa e deixarlles o podio da xeral aos nosos amigos catalans a xeral. Para min das mellores paisaxes da Transpyr, amplios vales moi verdes e con moita repeitada en medio de bosques de coníferas. Parece que estamos nos Alpes. Dia tranquilo de conversas e cos derradeiros quilómetros ata Hondarribia todos xuntos intercambiando conversas co resto de compañeiros de aventura.

 

Resumindo foi unha experiencia moi recomendable para facer unha vez aínda que para o meu gusto demasiado dura para poder disfrutala. Quédome sobre todo coa xente coas que compartimos experiencias durante estes sete días que fixo que cada día tiveramos ánimo para dar un pelín máis. Como consello, para min en BTT, o pack mecánico imprescindible porque se non co largas que son as etapas e se tes algo de mala sorte, non se vive (xa así xa lle chegou). Comer e beber moito para recuperar e cremiña para o cuíño, trátase dunha proba de resistencia tanto mental como físicamente (polo esforzo e por rozaduras). De 120 parellas aprox, só remataron 56 :-O. O peor sen dúbida foi a calor abafante que fixo durante estes sete días e as averías que fixeron que a moral decaera moito dentro do equipo.

Resultados finais parellas Ultreia

9º Alberto Illodo/Arturo Ferreiro  cun tempo 44:31:06

12º Javier Otero/Gonzalo Suárez  cun tempo  46:50:03

 

Magníficos resultados!!!

Forza Ultreia!!

finishers

Non se permiten comentarios .

Sitios que che interesan

Destacamos

As nosas Rutas

Wikiloc